Home Xunta de Galicia A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en...

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en Moaña, que conta con 75 prazas de estacionamento

- Anuncio -

― O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse á case 884.000€


― Diego Calvo enmarcou a iniciativa no impulso ao transporte público, no que o Goberno galego inviste máis de 100M€ anuais e que conta con importantes bonificacións ademais de gratuidade para maiores de 65 anos e menores de 21


― María Martínez subliña a aposta da Xunta “por unha alternativa de mobilidade máis sostible” ao ofrecer infraestruturas de calidade como opcións de desprazamento máis económicas, verdes e saudables


― Os usuarios poderán deixar o seu vehículo neste espazo, que se dispón como miradoiro con vistas á ría, para desprazarse logo en coche compartido ou en transporte público cara a Vigo, Pontevedra ou Santiago

Desde este xoves está xa operativo o novo aparcadoiro disuasorio que a Xunta vén de habilitar na estrada autonómica PO-551 en Domaio (Moaña) e que hoxe visitaron o conselleiro de Presidencia. Xustiza e Deportes. Diego Calvo, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz. Este espazo, no que o Goberno autonómico investiu un orzamento de preto de 884.000 euros, suma 75 prazas de aparcamento e configúrase como miradoiro á ría.

Diego Calvo enmarcou a iniciativa no propósito de impulsar o transporte público, no que a Xunta inviste cada ano máis de 100 millóns de euros e que conta con importantes bonificacións tanto no uso do autobús interurbano como no transporte de ría, ademais de gratuidade para maiores de 65 anos e para menores de 21.

Así, nos concellos de Cangas e Moaña están activas preto de 31.000 tarxetas da Mobilidade de Galicia (TGM) das que 3.500 pertencen a maiores de 65 anos. Pola súa banda, case 6.000 menores de 21 anos son usuarios da tarxeta Xente Nova nestas localidades. As viaxes realizadas por estes colectivos nos últimos 12 meses supuxéronlles un aforro global de 400.000 euros. Con estas e outras medidas “afrontamos a mobilidade cun enfoque integrador no social, responsable no ambiental e ambicioso no económico”, apuntou.

Na visita, Martínez Allegue subliñou a aposta do Goberno galego por avanzar nunha “Galicia conectada” a través “dunha alternativa de mobilidade máis sostible”, ao ofrecer á cidadanía infraestruturas de calidade como opcións de desprazamento máis económicas, verdes e saudables. Coa posta en servizo deste estacionamento, veciños e usuarios que cheguen conducindo ata a zona poderán deixar o seu vehículo e desprazarse logo en coche compartido ou en transporte público cara a Vigo, Pontevedra ou Santiago, co conseguinte beneficio ambiental.
Superficie de 2.000 metros cadrados
Das 75 prazas de estacionamento, 8 son en liña e o resto en batería, cunha reserva de dúas prazas para persoas con mobilidade reducida. O recinto, que ocupa 2.000 metros cadrados de superficie, conta con carrís de circulación interior de sentido único e para facilitar os desprazamentos peonís dispúxose unha franxa perimetral interior de 1,5 metros de ancho.

A actuación completouse coa instalación da iluminación a través de 10 luminarias led, coa execución da preinstalación de tres puntos de recarga para vehículos eléctricos e tamén da preinstalación do sistema de videovixilancia. Ademais, renovouse o refuxio da parada de autobús e o recinto conta con dous bancos para descanso dos viandantes, que teñen vistas á ría.

A conselleira de Vivenda e Infraestruturas destacou que coa entrada en funcionamento deste espazo en Domaio, son xa 509 as prazas postas a disposición dos usuarios a través de aparcamentos disuasorios nos últimos anos, 147 delas na provincia de Pontevedra (ademais do de Domaio habilitouse outro en Broullón) e o resto na Coruña (en Lonzas e en Pontepedriña, en Santiago). A maiores, espérase rematar a finais de ano outros estacionamentos que suman outras 538 prazas en San Xoán (Ferrol); Avenida de Breogán (Lugo); na AG-57 (Nigrán); na VG-4.4 (Marín); na AG-41 (Ribadumia) e na PO-546 en Pontevedra.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas