Home Pontevedra Caldas A Deputación abre o prazo para unha nova camiñada polo concello de...

A Deputación abre o prazo para unha nova camiñada polo concello de Valga da man do programa “Depo Andainas”

- Anuncio -

As persoas interesadas en desfrutar desta ruta o vindeiro 4 de setembro, poden inscribirse xa a través dun formulario na web da Deputación

A partires deste luns 1 de agosto, as persoas que desexen participar nesta actividade poden inscribirse xa na terceira “Depo_andaina” do programa “Depoactívate” prevista para o vindeiro 4 de setembro. A Deputación ofrece un total de 200 prazas para este percorrido, para participar as interesadas e os interesados poden inscribirse xa cun formulario que atoparán dispoñible na web provincial www.depo.gal .

Esta “Depo_andaina” transcorrerá polo concello de Valga, nun roteiro circular que terá como punto de saída e chegada a Lagoa da Mina Mercedes, formada pola extracción de arxila. Transcorrerá pola beira do río Ulla, facendo parada en puntos de interese coma o Embarcadoiro de Santa Cristina de Campaña e a Praia Fluvial de Vilarello. Xa no retorno, gozarán dunha breve visita ás ruínas da igrexa vella de Santa Comba de Louro. As e os participantes deberán desprazarse pola súa conta ao punto de partida da ruta, onde se lles asignará un monitor e un grupo. As persoas asistentes tamén deberán respectar os protocolos de actuación establecidos, xa que ao tratarse dunha andaina por pistas con tráfico de vehículos é necesario extremar a precaución.

O programa “Depo_Andainas” promove unha serie de rutas que discorren polos puntos máis emblemáticos da provincia. Está dirixido ás persoas que gozan coñecendo o contorno natural e cultural polas sendas e camiños da nosa provincia. Abren a posibilidade de viaxar doutra maneira, nunha aposta pola actividade física como forma de vida para coñecer e descubrir a variedade patrimonial que posúe a provincia de Pontevedra.

Relacionadas

Xornada de portas abertas no Museo da Ciencia do Viño polo Día Internacional dos...

0
O sábado 18 de maio todas aquelas persoas que queiran visitar o museo poderán facelo de forma gratuíta previa inscrición. O vindeiro sábado 18 de...

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Luis López interésase polas necesidades dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado nunha...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de manter un encontro de traballo co coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en...

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo domingo, 5 de maio, no...

0
A mostra da artista pontevedresa recompila as súas pinturas na busca da cor e “da forma do meu verdadeiro eu” A Deputación de Pontevedra mantén...

Abraham Cupeiro explorará os instrumentos de vento desde o Paleolítico ata o século XIX...

0
Este martes 30 de abril ás 9:00 ábrese o prazo para solicitar praza no concerto, que se celebrará o sábado 11 de maio ás...

Publicacións Relacionadas