Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo domingo, 5 de...

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo domingo, 5 de maio, no Palacete das Mendoza a exposición “Cor e vida” da pintora Soco Vara de Rey

- Anuncio -

A mostra da artista pontevedresa recompila as súas pinturas na busca da cor e “da forma do meu verdadeiro eu”

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo domingo, 5 de maio, na sede de Turismo Rías Baixas, a exposición “Color y vida”, da pintora Soco Vara de Rey. A mostra da artista pontevedresa, que se pode visitar na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, recompila as súas pinturas na busca da cor e “da forma do meu verdadeiro eu”.

Como explica a propia artista, a súa obra actual xorde tras un período de cinco anos sen pintar. Un cambio na súa vida impulsouna a retomar os pinceis e encher os seus cadros de cores. Desta maneira, para crear as súas obras prepara o soporte cunha base de cor e despois “deixa fluír” o pincel ao ritmo da súa imaxinación e sentimento, algo que se pode observar en cada  un dos cadros da mostra.

Soco Vara de Rey (Pontevedra, 1948) comezou a pintar de maneira autodidacta en 1970, aprendendo en Bilbao, onde residía, cos pintores Carmelo Bilbao e Consol Xiberta. Posteriormente, ao longo dos anos formouse con artistas como Eduardo Peña ou Enrique González, en Madrid, se ben tamén realizou diferentes cursos en Pakistán ou Viena, lugares nos que viviu en diferentes épocas da súa vida. Ten realizado exposicións, tanto individuais como colectivas, en Madrid, Viena, Asturias, Lugo, Valladolid, Barcelona, Mallorca ou Pakistán.

A exposición “Color y vida”, que acolle o Palacete das Mendoza ata o 5 de maio, pode visitarse de luns a venres de 9:00 a 20:00 horas, sábados e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas e domingo de 10:00 a 14:00 horas.

Relacionadas

Mondariz celebra o primeiro Serán das Letras cun roteiro literario e un recital poético

0
Render homenaxe ás letras, concretamente ás galegas, é o obxectivo do I Serán das Letras que o Concello de Mondariz organiza da man de...

O PP de Tomiño lamenta que o goberno local rexeite as accións de ...

0
O PP DE TOMIÑO LAMENTA QUE O GOBERNO LOCAL REXEITE AS  ACCIÓNS DE REFORZO DA SEGURIDADE VIARIA NA RÚA REPÚBLICA  ARXENTINA E ADVIRTE DA...

Tui celebrará o 2 de xuño a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente

0
O domingo, 2 de xuño, terá lugar a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente organizada polo Concello de Tui. Esta actividade forma parte do...

A Xunta e o Concello de Barro estudan o proxecto para instalar unha nova...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Barro estudaron a posibilidade de instalar unha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na localidade. Nunha...

Luis López sinala o investimento de 770.000 euros para mellorar a mobilidade entre Baión...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Isabel Couselo e Javier Tourís e o alcalde Gonzalo Durán, presenta á veciñanza deste Concello o proxecto para...

Cuntis aproba o reparto de axudas nomintivas a un total de 14 entidades...

0
• Esta contía, aprobada grazas aos votos a favor do PSdeG-PSOE e coa abstención do Partido Popular e do BNG, supón un incremento  do...

Publicacións Relacionadas