Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade A Xunta inicia o porcedemento para adxudicar tres vivendas protexidas no concello...

A Xunta inicia o porcedemento para adxudicar tres vivendas protexidas no concello de Cerdedo-Cotobade

- Anuncio -

A Comisión provincial de vivenda de Pontevedra reuniuse esta semana e acordou dar os primeiros pasos para elixir aos novos beneficiarios dos inmobles, que quedaran vacantes

A Xunta de Galicia acaba de iniciar o procedemento para seleccionar aos futuros adxudicatarios de tres vivendas de promoción pública (VPP) localizadas no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Así o acordou a Comisión provincial de vivenda de Pontevedra, durante a reunión mantida esta semana para impulsar a adxudicación daqueles inmobles propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no municipio que quedaron libres recentemente e, por tanto, volven estar á súa disposición.

Concretamente, trátase dun inmoble de 2 dormitorios localizado na rúa das Longas e outros 2 no lugar de Cabanelas-Viascón, destinadas a unidades familiares ou de convivencia de entre 1 e 4 membros.

Para optar a estas vivendas, os beneficiarios terán que cumprir unha serie de requisitos: estar inscritos no Rexistro de demandantes de vivenda; cumprir cos límites de ingresos por unidade familiar; residir ou traballar no municipio no que están localizadas as VPP —agás no caso de emigrantes que desexen retornar—; e carecer de vivenda en propiedade.

Para a adxudicación, elaborarase unha listaxe con todas as persoas anotadas no Rexistro como demandantes de vivenda protexida en Cerdedo-Cotobade e a partir dela, farase un sorteo ante notario o próximo 6 de outubro. Deste procedemento sairá unha relación con 15 candidatos provisionais, seguindo a orde de selección que se derive do mesmo.

A inclusión dunha persoa na listaxe non determinará a súa condición de adxudicatario, en tanto non se acredite que cumpre cos criterios esixidos para acceder a estas VPP.

Ambas listaxes —a provisional e a definitiva— publicaranse nos taboleiros de anuncios do Concello de Cerdedo-Cotobade, no da área provincial pontevedresa do IGVS e na páxina web deste organismo. En todo caso, os solicitantes disporán de 10 días para presentar reclamacións ante a Comisión provincial de vivenda.

A listaxe definitiva deste proceso de selección, mentres manteña a súa vixencia, utilizarase tamén para futuras adxudicacións de vivendas protexidas que poidan quedar vacantes neste concello.

Relacionadas

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

Publicacións Relacionadas