Home Vigo O Porriño O Goberno Municipal propón declarar os polígonos residenciais de Torneiros "ERRP" para...

O Goberno Municipal propón declarar os polígonos residenciais de Torneiros “ERRP” para financiar a rehabilitación dos bloques de vivendas

- Anuncio -

• A declaración como Entorno Residencial de Rehabilitación programada permitiría á veciñanza optar a axudas para obras de mellora como cambio de cuberta, fachadas, renovación de ventás ou retirada de elementos de amianto

• As axudas poden acadan o 40% do investimento no caso de vivendas e o 80% no caso de edificios (cunha bonificación notablemente maior se inclúen a retirada de amianto

• A proposta do executivo buscará mañá o respaldo do resto dos grupos da corporación no pleno

O Goberno Municipal leva mañá a pleno a declaración dos polígonos residenciais de Torneiros como “Entorno Residencial de Rehabilitación Programada” , o que permitiría á veciñanza o acceso ao programa de axudas para actuacións de rehabilitación a nivel de barrio financiadas con fondos da Unión Europea-NextGenerationEU.
O ERRP abranguería unha superficie total de 124.560 m2 que inclúe 50 bloques de edificios ( 15 na Fase I, 7 na Fase II, 23 na Fase III, 4 na Fase IV e 1 na Fase V) e os viais e zonas libres que os rodean.
“A proposta que poñemos sobre a mesa permitiría á veciñanza dos polígonos residenciais optar a axudas para a mellora e rehabilitación de inmobles, edificios ou vivendas unifamiliares, sobre todo envolventes –fachadas, cuberta…- cambio de ventás ou para a retirada de elementos con amianto, algo que urxe nos polígonos de Torneiros”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.
Falamos dunha contía de 22,9 M de euros para barrios, 22,9 M de euros total para edificios e 13,5 M para vivenda as que á que a veciñanza da zona declarada como ERRP podería optar.
No caso das vivendas as axudas poden acadar o 40% do investimento, cun máximo de 3.000 euros. As actuacións subvencionables inclúen a mellora ou rehabilitación do inmoble que deberá obter un aforro enerxético polo menos do 7% , unha reducción no consumo de Enerxía primaria non renovable do 30% ou adecuar aos requisitos do CTE os elementos da envolvente.
Neste caso Se se trata de edificios, os beneficiarios serán particulares ou comunidades de propietarios, e as axudas poden acadar o 80% do custo, cun máximo de 18.800 euros por edificio , contía que se incrementa en 12.000 euros máis en caso de retirada de elementos con amianto. As actuacións están dirixidas á mellora ou rehabilitación (do edificio ou de vivenda dentro do mesmo), sobre todo as tocantes á cuberta ou fachada, e en calquera caso, deberán conseguir unha reducción do consumo d eenrxía primaria non renovable do 30% e ademais unha reducción da demanda enerxética anual glopbal da calefacción e refrixeración da vivenda ou edificio do 25% ou 35%.
Destacar que no caso de persoas en situación de vulnerabilidade económica a axuda pode acadar o 100%.
“Trátase dun dos principais núcleos de poboación do Porriño e hai que acondicionalos, non só para adecualos á normativa vixente, senón tamén para mellorar a calidade de vida da veciñanza que reside neles”, concluíu o alcalde, “Dende as asociacións veciñais e particulares veñen reclamando que se actúe nestes bloques de vivendas sen ser escoitados. Esta financiación é vital para eles”.

Relacionadas

Rafa Domínguez enxalza o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes durante a presentación...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Museo de Pontevedra na presentación do libro “Fuentes Mora. La radio en...

III Encontro de Igualdade da provincia de Pontevedra

0
Os Comandos Cova de Cova Terreña e Rochas Violetas do IES Primeiro de Marzo uníronse nesta xornada moderada por Chus Oliveira, recoñecida figura en...

Smart Mobility Marín: unha aplicación para consultar en tempo real a ocupación dos aparcadoiros...

0
A App pode descargarse nos móbiles e é un dos piares do proxecto Smart Citie, que se financiou a través de Marín Dusi, e...

O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no...

0
O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no marco da celebración do Día da Nai. Para iso, puxo...

O Concello de Marín celebra o Día das Letras Galegas con actividades durante todo...

0
Marín quere aproveitar o Día das Letras Galegas, celebrándoo ao longo do mes coa programación de distintas actividades.  O Concello de Marín programou unha axenda...

Unanimidade na Deputación para esixir ao Goberno central a busca de solucións para a...

0
O pleno aproba prorrogar o servizo de limpeza dos centros provinciais, a poxa para as 14 parcelas libres do polígono de Barro, confirmar a...

Publicacións Relacionadas