Home A Coruña A Xunta participa na presentación do FestiOrdes que terá lugar o vindeiro...

A Xunta participa na presentación do FestiOrdes que terá lugar o vindeiro venres no marco dos concertos do Xacobeo

- Anuncio -

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na rolda de prensa de presentación do festival


 O cartel desta edición inclúe a artistas como como Dios ke te crew, Monoulious dop, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre

A directora de Turismo, Nava Castro, participou hoxe na rolda de presentación do FestiOrdes xunto ao concelleiro de Cultura da localidade. O evento terá lugar neste concello o vindeiro venres 23 de setembro.

Na súa intervención, Nava Castro destacou a importancia da sinerxía entre administracións para a celebración deste Xacobeo, onde se conseguiu que “este Ano Santo e todas as celebracións ao seu arredor acaden o éxito internacional e sexan un elemento tractor e dinamizador do sector turístico, elevando a Galicia como un dos destinos máis relevantes do territorio español”.
“As nosas festas son un dos maiores patrimonios turísticos e culturais cos que conta Galicia. Permítennos visibilizar o noso espírito alegre e de celebración, amosando o mellor da nosa sociedade e dos nosos recursos naturais, culturais e enogastronómicos”, indicou Castro.
O cartel desta edición inclúe a artistas como como Dios ke te crew, Monoulious dop, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre.Así, a directora de Turismo de Galicia destacou a importancia destes concertos que, enmarcado dentro dos Concertos do Xacobeo, “encarnan que a cultura e as festividades que percorren todo o territorio neste Ano Santo, cunha oferta sen parangón para todos os públicos”.

Mediante o apoio da Xunta a este tipo de iniciativas, dende o goberno da comunidade apóstase pola diversificación e desestacionalización da celebración do Xacobeo 21-22, cunha oferta cultural con máis de 500 artistas repartidos en máis de 100 concertos e festivais por todo o noso territorio.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e normal na precipitación

0
O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 1,9 graosA precipitación media acumulada foi un...

Publicacións Relacionadas