Home A Coruña O Concello de Carballo selecciona seis docentes e vinte alumnos/as para o...

O Concello de Carballo selecciona seis docentes e vinte alumnos/as para o obradoiro de emprego “Fórum dual”

- Anuncio -

Xa temos data para o inicio dos doce meses de formación dual: o 3 de outubro

O Concello de Carballo ten abertos os procesos de selección tanto de alumnado coma de persoal directivo, docente e de apoio para o obradoiro dual de emprego Fórum dual. En total, 26 persoas, que durante doce meses compartirán unha novidosa experiencia formativa nas instalacións do Fórum Carballo.

Este luns 19 remata o prazo para que os profesionais interesados en sumarse como docentes a este novidoso proxecto formativo presenten as súas solicitudes. Estas son as prazas convocadas:
• 1 director/a (xornada completa)
• 1 mestre/a da especialidade de Cociña (xornada completa)
• 1 mestre/a da especialidade Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais – rama sanitaria (media xornada)
• 1 mestre da especialidade Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais – rama psicosocial (media xornada)
• 1 mestre/a titor/a para impartir os módulos de educación básica, orientación e información profesional, formación empresarial e asesoramento e os módulos de formación complementaria (media xornada)
• 1 auxiliar administrativo/a (media xornada)
E aquí atoparedes as bases completas e o modelo de instancia.
Polo que respecta ao alumnado, tras a preselección realizada polo Servizo público de emprego de Galicia, os/as candidatos/as dispoñen agora de prazo ata o día 21 para presentar a documentación xunto co impreso de solicitude que pode descargarse aquí.
O obradoiro dual de emprego Fórum dual xa ten data de inicio: o 3 de outubro. O período de formación será de 12 meses e haberá dúas especialidades formativas, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e cociña, en cada unha das cales haberá 10 alumnos/as-traballadores/as. Esta acción formativa está financiada pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia cunha subvención de medio millón de euros.

Relacionadas

Paderne rememora a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín na inauguración da remodelación do...

0
 O alcalde, Sergio Platas, lembrou a enorme pegada do cronista e quixo agradecer a “insistencia” de Emilio Vila na instalación do monólito hai...

Neda pon en valor a calidade, variedade e sabor dos produtos das panaderías locais

0
O Concello destaca a importancia do sector no municipio como xerador de emprego O Concello de Neda impulsou este domingo dúas novas catas no marco...

Queres saber de que van falar os científicos e científicas que participan no primeiro...

0
Os días 13, 14 e 15 de maio enchemos de ciencia o bar do Mercado, o Bodegón e o Valle-Inclán coa colaboración de oito...

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Publicacións Relacionadas