Home A Coruña Acordo entre os concellos de Oleiros e A Coruña para estudar a...

Acordo entre os concellos de Oleiros e A Coruña para estudar a creación dun servizo de transporte marítimo

- Anuncio -

O Concello de Oleiros e o Concello da Coruña están totalmente de acordo en estudar as posibilidades de establecer liñas de transporte marítimo público desde Santa Cristina, Santa Cruz e Mera ata Coruña. O Goberno municipal de Oleiros, tal e como recolleu no recentemente aprobado Plan de Mobilidade, aposta pola futura implantación deste medio de comunicación non só para a tempada estival, senón que para todo o ano.

Para levar adiante este proxecto sería preciso obter as necesarias autorizacións por parte de Costas e Portos, adaptar os actuais espazos portuarios ás necesidades deste servizo, así como definir moitos outros aspectos imprescindibles. “Estamos a traballar neste asunto pero sabemos que vai levar un tempo”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

“No mes de agosto tivemos unha reunión co Concello da Coruña e como eles tamén o tiñan previsto o acordo é total para intentar levar isto adiante. Nós o que queremos é un transporte marítimo para todo o ano, non só para o verán. Consideramos que este servizo podería ser infinitamente máis beneficioso para o conxunto da cidadanía que esa pasarela da que falaba a Xunta de Galicia”, comentou o alcalde.

Relacionadas

Fene contratará 2 peóns/oas forestais con cargo ao programa APROL Rural 2024

0
As persoas traballadoras que se contraten deberán estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego na modalidade de peón/oa forestal O Concello de Fene vén...

O pavillón das Lagoas acollerá mañá a “II Xornada da Liga Galega de Halterofilia”

0
O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou hoxe xunto con Susana Basoa, presidenta do club Gaman, e David Losada, presidente da Federación Galega de...

A III Feira dá Cultura EnCaMiño celebrarase os días 19, 20 e 21 de...

0
● Xa se presentou un anticipo do cartel, con 14 autores e autoras que confirmaron a súa presenza neste evento, que se consolida tras...

O Concello de San Sadurniño e a Casa do Mel organizan un curso de...

0
A área de Desenvolvemento local de San Sadurniño e a Asociación Casa do Mel -quen xestiona o colmear didáctico da Cortiña- ofrecen unha nova...

O proxecto cultural ‘Galicia Latente’ presentarase en Camariñas o próximo martes

0
· O IES Pedra da Aguia acollerá, ás 16:30 horas, a proxección dun documental sobre a Galicia do presente e un coloquio posterior para...

Bienal de Pintura do Eixo Atlântico

0
O Centro Cultural Lustres Rivas acolleu onte a inauguración da exposición Bienal de Pintura do Eixo Atlântico, onde estiveron presentes a Concelleira de Cultura;...

Publicacións Relacionadas