Home Ourense Baixa Limia Aberto o prazo para inscribirse na terceira edición da “Gladiator Race”

Aberto o prazo para inscribirse na terceira edición da “Gladiator Race”

- Anuncio -

A partir de hoxe, ás 19.00 horas, os interesados en participar poderán anotarse neste evento deportivo organizado polo Inorde co apoio de Turismo de Galicia, que terá lugar o 22 de outubro en Muiños

O Inorde organiza, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, a terceira edición da “Gladiator Race” que desde hoxe a partir das 19.00 horas, abre o seu prazo de inscrición para que poidan anotarse nesta proba que desafiará aos mellores corredores do ámbito nacional-

A “Gladiator Race” volve a nosa provincia e faino cun formato único en España neste 2022, ofrecendo aos participantes un percorrido de 5 quilómetros e con máis de 25 obstáculos que inclúen subir por pirámides, zonas de equilibro, probas de forma e moitas aventuras máis. E, todo elo, desenvolverase no complexo turístico do Corgo, en Muíños, en pleno corazón do Parque Nacional do Xurés.

O evento, que xa foi todo un éxito no 2021, celebrarse o vindeiro 22 de outubro en horario nocturno, a partir das 20.00 horas, polo que os participantes estarán obrigados a levar frontal luminoso xa que o 90% do percorrido estará sen iluminar. Trátase dunha experiencia que está aberta a todo tipo de público e que se poderá disputar de xeito individual ou por equipos de mínimo 5 integrantes.

Os interesados en participar poderán anotarse desde hoxe ás 19.00 horas a través da páxina web: https://www.deporticket.com/web-evento/7667-gladiator-race-night-edition

Para máis información sobre o evento: www.gladiatorraceoficial.es

Relacionadas

Luis Menor e Lete Lasa revisan no Pazo Provincial proxectos en infraestruturas deportivas

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron hoxe unha xuntanza no...

Máis de 700 escolares celebraron o Día das Letras Galegas na Praza Maior, nun...

0
Alumnado dos colexios da cidade rendeulle homenaxe ás letras e á poeta homenaxeada, a través de cancións, bailes, poesías e manifestos Máis de 700 escolares...

O Partido Popular de Ourense conmemora o Día das Letras Galegas poñendo en valor...

0
O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán...

A Xunta de Goberno Local aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no...

A XV BTT de Maceda – Copa Deputación reunirá ao redor de 250 participantes

0
O asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, participou hoxe en Maceda, na presentación da XV BTT de Maceda – Copa Deputación que se...

O escultor ourensán Xosé Cid presenta o catálogo “Silencio e materia” que recompila os...

0
O director da Área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez, participou hoxe na presentación deste catálogo no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde...

Publicacións Relacionadas