Home A Coruña Recta final das obras de pavimentación de máis de 8.000 metros cadrados...

Recta final das obras de pavimentación de máis de 8.000 metros cadrados de superficie en cinco aparcadoiros gratuítos

- Anuncio -

O Concello de Carballo inviste máis de 150.000 euros para seguir mellorando os espazos de estacionamento no centro urbano

A empresa Excavaciones y Obras Candal está a rematar as obras de acondicionamento de cinco espazos urbanos que son utilizados como aparcadoiros. Dentro do plan de mellora das áreas de estacionamento gratuíto coas que contamos en toda a zona urbana -ben en terreos municipais ou ben en solares cedidos ao Concello de Carballo polo sistema de comodato-, nestes momentos estamos a actuar en máis de 8.000 metros cadrados de superficie.

Estas son as localizacións e as superficies aproximadas:
• Pazo da Cultura: 2.250 metros cadrados
• Rúa Perú: 2.250 metros cadrados
• Rúa Río: 700 metros cadrados
• Fórum Carballo: 1.000 metros cadrados
• Depósitos de auga: 2.200 metros cadrados

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras, Luis Lamas, realizaron esta semana un percorrido por algúns dos estacionamentos, nos que, despois dos traballos de explanación, sumidoiros, gabias e pavimentación con aglomerado, acometerase o pintado das prazas e tamén se instalarán sinalización vertical e, onde sexa preciso, luminarias. O Concello de Carballo realiza un investimento de 153.845,38 euros. O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) colabora cunha subvención 64.580,86 euros dentro do Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable MOVES II.

Relacionadas

Fene contratará 2 peóns/oas forestais con cargo ao programa APROL Rural 2024

0
As persoas traballadoras que se contraten deberán estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego na modalidade de peón/oa forestal O Concello de Fene vén...

O pavillón das Lagoas acollerá mañá a “II Xornada da Liga Galega de Halterofilia”

0
O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou hoxe xunto con Susana Basoa, presidenta do club Gaman, e David Losada, presidente da Federación Galega de...

A III Feira dá Cultura EnCaMiño celebrarase os días 19, 20 e 21 de...

0
● Xa se presentou un anticipo do cartel, con 14 autores e autoras que confirmaron a súa presenza neste evento, que se consolida tras...

O Concello de San Sadurniño e a Casa do Mel organizan un curso de...

0
A área de Desenvolvemento local de San Sadurniño e a Asociación Casa do Mel -quen xestiona o colmear didáctico da Cortiña- ofrecen unha nova...

O proxecto cultural ‘Galicia Latente’ presentarase en Camariñas o próximo martes

0
· O IES Pedra da Aguia acollerá, ás 16:30 horas, a proxección dun documental sobre a Galicia do presente e un coloquio posterior para...

Bienal de Pintura do Eixo Atlântico

0
O Centro Cultural Lustres Rivas acolleu onte a inauguración da exposición Bienal de Pintura do Eixo Atlântico, onde estiveron presentes a Concelleira de Cultura;...

Publicacións Relacionadas