Home A Coruña A Biblioteca abrirá a vindeira semana o prazo de inscrición na actividade...

A Biblioteca abrirá a vindeira semana o prazo de inscrición na actividade “A Biblioteca ideal”

- Anuncio -

A Biblioteca municipal abrirá o vindeiro martes día 27, ás 16.00 horas, o prazo de inscrición na actividade “A biblioteca ideal”, que se desenvolverá o 1 de outubro ás 10.30 horas nas citadas instalacións. A concelleira responsable da área de Bibliotecas, Mercedes Taibo, avanzou que con esta proposta se inaugurarán os actos conmemorativos do Día Internacional das bibliotecas. “Esta primeira iniciativa consistirá nun obradoiro a cargo da compañía Os náufragos teatro, no que os nenos e nenas participantes poderán imaxinar como sería a biblioteca dos seus soños”, explicou a concelleira.

As actividades que debería ter esa biblioteca ideal, se sería ao aire libre, espacial… todas as ideas que se propoñan no transcurso da actividade quedarán plasmadas nun libro que elaborarán entre todas e todos os participantes, coa esperanza de que algún día quizáis sexa posible realizar algunhas desas propostas imaxinarias.

A actividade está pensada para menores que teñan cumpridos tres anos e co carné da rede de bibliotecas sen sancións pendientes. Os menores deberán estar acompañados por unha persoa adulta, que poderá participar tamén na proposta, concebida de xeito familiar.
As persoas interesadas en acudir poden anotarse de xeito presencial na Biblioteca do Alto ou chamando no horario de apertura ao teléfono 981 382 173.

Taibo recordou que a actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no marco do programa Ler conta moito.

Relacionadas

Fene contratará 2 peóns/oas forestais con cargo ao programa APROL Rural 2024

0
As persoas traballadoras que se contraten deberán estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego na modalidade de peón/oa forestal O Concello de Fene vén...

O pavillón das Lagoas acollerá mañá a “II Xornada da Liga Galega de Halterofilia”

0
O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou hoxe xunto con Susana Basoa, presidenta do club Gaman, e David Losada, presidente da Federación Galega de...

A III Feira dá Cultura EnCaMiño celebrarase os días 19, 20 e 21 de...

0
● Xa se presentou un anticipo do cartel, con 14 autores e autoras que confirmaron a súa presenza neste evento, que se consolida tras...

O Concello de San Sadurniño e a Casa do Mel organizan un curso de...

0
A área de Desenvolvemento local de San Sadurniño e a Asociación Casa do Mel -quen xestiona o colmear didáctico da Cortiña- ofrecen unha nova...

O proxecto cultural ‘Galicia Latente’ presentarase en Camariñas o próximo martes

0
· O IES Pedra da Aguia acollerá, ás 16:30 horas, a proxección dun documental sobre a Galicia do presente e un coloquio posterior para...

Bienal de Pintura do Eixo Atlântico

0
O Centro Cultural Lustres Rivas acolleu onte a inauguración da exposición Bienal de Pintura do Eixo Atlântico, onde estiveron presentes a Concelleira de Cultura;...

Publicacións Relacionadas