Home A Coruña A concellería de Obras arranxou e instalou preto de 400 bancos no...

A concellería de Obras arranxou e instalou preto de 400 bancos no que vai de ano

- Anuncio -

O concelleiro de Obras, Javier Fernández, deu conta esta mañá dos traballos de mantemento e rehabilitación no mobiliario urbano deste ano. En total, o Concello reparou 340 bancos repartidos en oito barrios de Santiago grazas aos labores realizados por persoal de Centros Especiais de Emprego. Tamén foron incorporados 40 novos bancos en diferentes rúas da cidade.

Segundo explicou o concelleiro, o contrato de mantemento de mobiliario, que conta cun orzamento de 18.000 euros, permitiu arranxar 340 bancos en distintas zonas da cidade no que vai de ano. O labor desenvolvido polos traballadores e traballadoras dos Centros Especiais de Emprego da cidade permitiu a posta a punto de 95 bancos no barrio de Fontiñas, 45 no Ensanche, 42 en San Lázaro, 40 en Meixonfrío, 37 en Santa Marta, 36 no barrio de Vite, 30 en Pontepedriña, e 15 en Galeras.

Ademais, “no que levamos de ano, os operarios da Brigada de Vías e Obras substituíron 36 táboas e a maiores instalaron 120 metros de pasamáns”, engadiu o edil. Tamén se repuxeron “máis de 40 bancos novos en zonas como Clara Campoamor, Quiroga Palacios, non Campus universitario, en San Lázaro, en Amor Ruibal ou na Avenida de Salamanca”.

Javier Fernández recordou que o mantemento e reposición dos bancos é “unha demanda continua da veciñanza”, que responde especialmente ás necesidades das persoas maiores e aquelas con problemas de mobilidade, ademais tamén son “un lugar de socialización, que axudan a humanizar e facer máis accesible a nosa cidade”.

Relacionadas

Paderne rememora a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín na inauguración da remodelación do...

0
 O alcalde, Sergio Platas, lembrou a enorme pegada do cronista e quixo agradecer a “insistencia” de Emilio Vila na instalación do monólito hai...

Neda pon en valor a calidade, variedade e sabor dos produtos das panaderías locais

0
O Concello destaca a importancia do sector no municipio como xerador de emprego O Concello de Neda impulsou este domingo dúas novas catas no marco...

Queres saber de que van falar os científicos e científicas que participan no primeiro...

0
Os días 13, 14 e 15 de maio enchemos de ciencia o bar do Mercado, o Bodegón e o Valle-Inclán coa colaboración de oito...

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Publicacións Relacionadas