Home Ourense O campo do Seixo reúne esta fin de semana o mellor fútbol...

O campo do Seixo reúne esta fin de semana o mellor fútbol alevín de Ourense co IV Memorial Secundino Basalo

- Anuncio -

O alcalde, o fundador e o coordinador da escola e o delegado de Deportes da Xunta presentaron esta mañá o torneo, co lema “Nin un só neno sen poder facer deporte”

O torneo réndelle homenaxe a “un home altruísta, que foi emblema de voluntariado e sempre se preocupou pola xuventude”

O campo do Seixo, en Santa Cruz de Arrabaldo, acollerá mañá, sábado o IV Memorial Secundino Basalo de fútbol alevín, que organiza a Escola Deportiva Secundino Basalo co lema “Nin un só neno sen poder facer deporte”. Esta mañá, no salón de plenos do Concello, tivo lugar a presentación do torneo na que participaron o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o fundador da escola, Arturo Rodríguez, o coordinador deportivo, José Manuel Pico e o delegado de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez

O torneo regresa en 2022 logo do parón motivado pola pandemia e contará coa participación de 16 equipos, o sábado, 24 de setembro desde as 9.30 até as 20.30 horas, cunha primeira fase con dous grupos de 4 equipos cada un, e unha segunda fase posterior.

O alcalde destacou que “é un pracer presentar este evento”, destacando o acertado do lema: “nin un só neno sen poder facer deporte”. O fundador da escola, Arturo Rodríguez, lembrou que “a xente en Ourense relacionada co fútbol coñece ben a Secundino Basalo, un home que foi un emblema de voluntariado, que sempre se preocupou pola xuventude da Carballeira e de todo Ourense, unha persoa altruísta. Seguimos coa súa filosofía de non cobrarlles nada aos nenos nin as nenas para manter o legado de Secundino os anos que poidamos”.

Relacionadas

Luis Menor e Lete Lasa revisan no Pazo Provincial proxectos en infraestruturas deportivas

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron hoxe unha xuntanza no...

Máis de 700 escolares celebraron o Día das Letras Galegas na Praza Maior, nun...

0
Alumnado dos colexios da cidade rendeulle homenaxe ás letras e á poeta homenaxeada, a través de cancións, bailes, poesías e manifestos Máis de 700 escolares...

O Partido Popular de Ourense conmemora o Día das Letras Galegas poñendo en valor...

0
O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán...

A Xunta de Goberno Local aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no...

A XV BTT de Maceda – Copa Deputación reunirá ao redor de 250 participantes

0
O asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, participou hoxe en Maceda, na presentación da XV BTT de Maceda – Copa Deputación que se...

O escultor ourensán Xosé Cid presenta o catálogo “Silencio e materia” que recompila os...

0
O director da Área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez, participou hoxe na presentación deste catálogo no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde...

Publicacións Relacionadas