Home A Coruña O Pazo da Cultura acollerá a vindeira semana unha “Xornada de economía...

O Pazo da Cultura acollerá a vindeira semana unha “Xornada de economía social e emprendemento”

- Anuncio -

O Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá o vindeiro 30 de setembro unha “Xornada de difusión: economía social e emprendemento Narón 2022”. Así o anunciou esta mañá o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, que recordou que se trata dunha iniciativa enmarcada no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo da Xunta de Galicia e que conta coa colaboración do Ministerio de Traballo e Economía Social. A cita desenvolverase entre as 9.00 e as 14.00 horas.

Ás 9.00 horas terá lugar a inauguración institucional da convocatoria, na que participarán a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e a secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca. Ao remate terá lugar a presentación da Oficina Local de Fomento da Economía Social da Rede Eusumo para, sobre as 9.45 horas dar paso ás intervencións de tres entidades asociativas para o emprendemento: a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami); Unión de Cooperativas Galegas (Espazocoop); e o Grupo de Desenvolvemento Rural Seitura 2022.

Tras unha pausa para o café ás 11.15 horas retomarase a programación ás 11.45, coa intervención de representantes de dúas entidades de financiamento ético para o emprendemento: Fiare Banca Ética e Coop57 Galiza. Ás 12.45 horas será o momento da presentación de dúas experiencias de emprendemento e sobre as 13.45 horas procederase a clausurar a xornada.

O concelleiro de Promoción Económica animou aos emprendedores, empresarios e empresarias e entidades de recente creación a acudir a esta convocatoria, para coñecer de primeira man modelos de financiamento alternativos á banca tradicional e algunhas experiencias de cooperativismo.

Relacionadas

Paderne rememora a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín na inauguración da remodelación do...

0
 O alcalde, Sergio Platas, lembrou a enorme pegada do cronista e quixo agradecer a “insistencia” de Emilio Vila na instalación do monólito hai...

Neda pon en valor a calidade, variedade e sabor dos produtos das panaderías locais

0
O Concello destaca a importancia do sector no municipio como xerador de emprego O Concello de Neda impulsou este domingo dúas novas catas no marco...

Queres saber de que van falar os científicos e científicas que participan no primeiro...

0
Os días 13, 14 e 15 de maio enchemos de ciencia o bar do Mercado, o Bodegón e o Valle-Inclán coa colaboración de oito...

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Publicacións Relacionadas