Home A Coruña Ana Lojo Chan presentou na Pobra o seu libro Marea Morta

Ana Lojo Chan presentou na Pobra o seu libro Marea Morta

- Anuncio -

Unha moza que reside en Edimburgo e chega a un pobo de Galicia para pasar unhas semanas cuns familiares dos que xa levaba anos afastada. Este é o punto de partida de Marea Morta, o libro de Ana Lojo Chan que se presentou na tarde deste 23 de setembro no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal. Un acto que tamén contou coa participación da concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e de Mariano Muñiz.

No transcurso do relato, o/a lector/a será testemuña de como a protagonista descubre a importancia da amizade, a ilusión dun primeiro amor e o valor da tradición galega. A súa curiosidade motivará que se destapen misterios ata converte-la estadía no seu mellor verán.

A edil sinalou que esta obra é o perfecto exemplo de cando se xuntan educación e cultura, pois a autora, quen é mestra, comezou escribindo contos para o seu alumnado. Unha afección que se foi fortalecendo ata que derivou en proxectos máis ambiciosos. Así mesmo, declarou que as creacións literarias tamén versan sobre a persoa detrás desas palabras, algo que se pon de manifesto na novela de Ana Lojo Chan, quen viviu unha tempada en Edimburgo, precisamente a cidade que habita a súa protagonista.

Relacionadas

Fene contratará 2 peóns/oas forestais con cargo ao programa APROL Rural 2024

0
As persoas traballadoras que se contraten deberán estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego na modalidade de peón/oa forestal O Concello de Fene vén...

O pavillón das Lagoas acollerá mañá a “II Xornada da Liga Galega de Halterofilia”

0
O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou hoxe xunto con Susana Basoa, presidenta do club Gaman, e David Losada, presidente da Federación Galega de...

A III Feira dá Cultura EnCaMiño celebrarase os días 19, 20 e 21 de...

0
● Xa se presentou un anticipo do cartel, con 14 autores e autoras que confirmaron a súa presenza neste evento, que se consolida tras...

O Concello de San Sadurniño e a Casa do Mel organizan un curso de...

0
A área de Desenvolvemento local de San Sadurniño e a Asociación Casa do Mel -quen xestiona o colmear didáctico da Cortiña- ofrecen unha nova...

O proxecto cultural ‘Galicia Latente’ presentarase en Camariñas o próximo martes

0
· O IES Pedra da Aguia acollerá, ás 16:30 horas, a proxección dun documental sobre a Galicia do presente e un coloquio posterior para...

Bienal de Pintura do Eixo Atlântico

0
O Centro Cultural Lustres Rivas acolleu onte a inauguración da exposición Bienal de Pintura do Eixo Atlântico, onde estiveron presentes a Concelleira de Cultura;...

Publicacións Relacionadas