Home Vigo Pazos de Borbén O concello de Pazos de Borbén e os empresarios do Polígono de...

O concello de Pazos de Borbén e os empresarios do Polígono de Amoedo solicitan a reapertura do tráfico pesado en Redondela

- Anuncio -
  • “Están a poñerse en perigo os empregos dos nosos veciños”, protesta o alcalde, Andrés
  • O peche ao tráfico pesado polo centro de Redondela está a crear un gran malestar en Pazos de Borbén polas molestias que ocasiona entre empresarios e veciños das parroquias de Amoedo, Cepeda e Nespereira. O alcalde, Andrés Iglesias, reuniuse onte con empresarios do polígono de Amoedo para atender as súas reclamacións e coñecer con exactitude a situación dos seus negocios e dos transportistas locais.
  • Así, segundo indicou o alcalde, o peche ao tráfico pesado a través de Redondela e a PO-250 supón “unha decisión catastrófica para o polígono de Amoedo xa que pon en risco a viabilidade das empresas e en consecuencia a estabilidade laboral de moitos veciños de Pazos de Borbén”, explicou o rexedor, que engadiu que “un municipio non debería poder pechar o tráfico dunha estrada autonómica sen ofrecer unha variante lóxica. Máis aínda neste caso no que se trata dunha estrada ampliada hai non moitos anos pola clase de tráfico que soportaba”.
  • Do mesmo xeito, Iglesias sinalou que esta decisión aumenta considerablemente o perigo da EP-2702, o outro viario de acceso ao polígono a través das parroquias de Nespereira e Cepeda. Unha estrada que “xa conta con notables deficiencias e que non está nin remotamente preparada para recibir todo o tráfico pesado que xera o polígono”.
  • Desde o Concello de Pazos de Borbén, indicou o alcalde, ofrécense diferentes solucións ao problema, como regular o horario durante o día nos principais momentos de necesidade ou permitir o paso durante as noites. “O importante é atopar unha solución canto antes porque esta situación xa está a ter consecuencias moi negativas nas empresas”, destacou Iglesias.
  • Novo proxecto para a EP-2702
    Do mesmo xeito, Iglesias indicou que o Concello acaba de recibir o novo proxecto realizado pola Deputación de Pontevedra para a EP-2702, a única vía de acceso ao polígono industrial de Amoedo desde o peche imposto polo Concello de Redondela. Un proxecto que contempla unha lixeira ampliación conforme ao anterior, pero que, segundo indicou Iglesias, “se cadra non é suficiente se o Concello de Redondela non atende as nosas peticións. Se esa estrada ten que absorber o tráfico do polígono necesitará unha ampliación e un novo trazado nalgúns tramos xa que hai curvas tan pechadas que un vehículo de grandes dimensións non pode circular en condicións de seguridade”.
    Por iso, o alcalde solicitou unha nova reunión coa presidenta da Deputación, Carmela Silva, “xa que coa decisión de Redondela o problema da EP-2702 agrávase aínda máis e é necesario executar a mellora canto antes”, concluíu Iglesias.

Relacionadas

Os maios vestirán O Porriño esta fin de semana

0
Os grupos de música tradicional das asociacións culturais e veciñais amenizarán a festa o sábado pola tarde O Porriño dá a benvida á primavera coa...

A concellería de Cultura a través da Biblioteca Pública Municipal de Baiona organiza un...

0
O próximo 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas que este ano se dedican a Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), unha destacada...

A primeira xuntanza entre Manu Lourenzo e Luís López avanza proxectos para Soutomaior ...

0
O proxecto de humanización da praza da aldea, presentado polo concello de Soutomaior por valor de 170.000 euros,  aprobarase na xunta de goberno de...

Redondela convida aos clubs deportivos a deseñar unha campaña contra a violencia de xénero...

0
- As concellerías de Deportes e Igualdade convidan aos clubs a propoñer un lema respondendo á pregunta “E ti, por que loitas?” dentro do...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao tecido empresarial da provincia na inauguración...

0
O presidente provincial destacou a importancia da dixitalización do sector na estrea do Hubnet posto en marcha pola Cámara de Comercio en Vilagarcía e...

Francisco Castro en concerto en Mos para celebrar as Letras Galegas

0
Acompañado da Banda dos Borges, músicos de gran traxectoria e recoñecemento, ofrecerá un repertorio de cancións en galego da súa autoría, fusión musical entre...

Publicacións Relacionadas