Home A Coruña O BNG solicita a rectificación das bases dun proceso selectivo

O BNG solicita a rectificación das bases dun proceso selectivo

- Anuncio -

– A lei especifica as titulacións precisas para o acceso á Subescala Técnica da Escala de Administración Xeral.

– O Concello de Culleredo abre a participación no proceso selectivo a persoas con titulacións que non están entre as admitidas polo Real Decreto Lexislativo 781/1986.

– Unha norma de rango de Lei, como é o RDL 781/1986, non pode ser modificada por unha norma de rango inferior, como é a convocatoria dunha oposición.

– É preciso iniciar a revisión de oficio do expediente e paralizar as actuacións do proceso selectivo, para evitar lesionar os intereses tanto das persoas interesadas no proceso como do propio Concello, que se pode ver inmerso en novos procedementos xudiciais.

O BNG solicitará, no vindeiro Pleno Municipal, a rectificación da convocatoria do proceso selecito para a cobertura dunha praza de técnica/o de administración xeral, subescala técnica, persoal funcionario de carreira con vínculo fixo.

A lei, concretamente o Real Decreto Lexislativo 781/1986, establece:

“El ingreso en la Subescala Técnica se hará por oposición libre y se precisará estar en posesión del título de Licenciado en Derecho, en Ciencias Políticas, Económicas o Empresariales, Intendente Mercantil o Actuario.”

Malia isto, nas bases do proceso selectivo, no apartado dos requisitos para participar no mesmo, indícase:

“5.5. Titulación: estar en posesión, ou en condicións de obtelo o día que remate o prazo de presentación de instancias do título de grao universitario, licenciatura universitaria ou equivalente.”

Con esta redacción a convocatoria queda aberta a titulacións que non son as especificadas no Real Decreto Lexislativo 781/1986. Tendo esta norma rango de Lei, os seus preceptos non poden ser modificados por disposicións de rango inferior, sendo nulas de pleno dereito as que a contradigan.

Por este motivo o BNG de Culleredo solicitará a incoación dun expediente de revisión de oficio e a suspención do proceso selectivo até a resolución do mesmo.

O BNG vese na obriga, máis unha vez, de reclamar ao Goberno Municipal o repecto á legalidade nas súas actuacións. A reiteración de casos fai que non se poidan considerar meros despistes. O Goberno Rioboo apura os ultimos meses de mandato con actuacións aberrantes que saltan os procedementos. A estas alturas poucas dúbidas quedan da premeditación destas actuacións.

Lembremos que o BNG demandou recentemente que a convocatoria de 5 prazas de policía local se encomendara á Academia Galega de Seguridade Pública, petición que foi rexeitada polo PSOE contando coa abstención do PP.

Relacionadas

“En Carballo o teu can é un máis”, nova campaña para fomentar a convivencia,...

0
• A Policía Local realizará ao longo deste mes un labor de información entre as persoas propietarias de mascotas • Nos once anos que leva...

O BNG preguntará no Parlamento polos permisos das obras da igrexa de Dexo

0
A oleirense Iria Taibo preguntará se as obras da igrexa románica contan cos permisos preceptivos e cal é o motivo da súa suspensión Nos pasados...

O Concello de Brión toma medidas para garantir a seguridade na Carballeira de Santa...

0
Tras a caída de parte dun carballo afectado pola enfermidade Armillaria Mellea, o Concello pechará temporalmente a carballeira, fará unha poda de seguridade e...

O espectáculo “A Maxia de Europa”, de EUROPE DIRECT A Coruña, chegará á...

0
A función, con entrada gratuíta, será na Casa da Cultura ás 18:00 h. A Laracha acolle o venres da próxima semana, día 10 de maio,...

O Gran Premio Cantones, mellor proba do mundo de marcha, regresará á Coruña o...

0
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu o premio á mellor organización de marcha atlética do 2023 Está prevista a participación dos principais marchadores do mundo, con...

Constituídas as comisións de traballo da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia...

0
As dúas comisións de traballo da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero quedaron oficialmente constituídas hoxe tralas reunións telemáticas que...

Publicacións Relacionadas