Os estudantes tiveron a emocionante oportunidade de visitar o visor submarino Nautilius e o buque Hidria, o segundo barco a vapor máis antigo de España, situados no porto de Vigo.
Esta experiencia educativa é parte da serie de visitas que os distintos centros da Villa están a realizar en colaboración co Concello de Baiona e a Fundación Translatio.
Acompañados pola concelleira de Educación, Nuria Leyenda e o concelleiro de pesca, marisqueo e actividades marítimas, Joaquín López, os estudantes foron recibidos polo Director da Fundación Celso González, mergullándose así no fascinante mundo mariño e na historia da navegación.

