Home Pontevedra Deza A Xunta pon en valor o talento da mocidade mediante xornadas escolares...

A Xunta pon en valor o talento da mocidade mediante xornadas escolares que chegan esta semana ao IES Marco de Camballón de Vila de Cruces

- Anuncio -

Persoal técnico do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Pontevedra Norte e Rías Baixas impartirán charlas ao alumnado deste centro mañá e o 30 de xaneiro

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, organizará mañá e o próximo 30 de xaneiro cadansúas xornadas de divulgación no IES Marco de Camballón de Vila de Cruces (Pontevedra), para promocionar a cultura do emprendemento desde idades temperás.

As sesións que se inician mañá enmárcanse no traballo despregado desde o Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Pontevedra Norte e Rías Baixas (situado en Silleda) e están dirixidas ao alumnado de ESO, Bacharelato e/ou ciclos formativos.

A Xunta está a avogar por unha nova forma de emprender, que nace co propósito de por a dispor toda a axuda necesaria para sacar adiante negocios viables e de sacar o máximo partido ao talento dos máis novos. As persoas que estean pensando en emprender ou teñan un negocio en marcha con novos retos por diante poden atopar apoio e axuda a través dos polos que este ano estenderán a súa cobertura a toda Galicia.

Persoal técnico do Polo de Silleda, que acubilla xa máis de 34 proxectos empresariais, serán os encargados de impartir a charla a alumnas e alumnos do IES Marco de Camballón.
Atraer o emprendemento á mocidade e outorgarlle as ferramentas para que as ideas de negocio poidan xerminar son dous dos obxectivos destas sesións, nas que se leva a cabo unha dinámica de 90 minutos na que as persoas participantes poden por en práctica actuacións baseadas na creatividade, algunhas individuais e outras en grupo.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

Publicacións Relacionadas