Home Pontevedra Poio A humanización da contorna da rúa do Adro e da Porteliña comezará...

A humanización da contorna da rúa do Adro e da Porteliña comezará a vindeira semana

- Anuncio -

• A realización destas obras provocará cambios na circulación do tráfico e nos acesos e saídas desde o CEIP Viñas

• A actuación, impulsada pola Concellería de Promoción Económica e Urbanismo, contempla tamén a dotación dun aparcadoiro disuasorio nas proximidades, tal e como explica o edil responsable da área, Gregorio Agís (PSdeG-PSOE)

O inminente inicio da obra de humanización e transformación do núcleo da contorna da Rúa do Adro e da Porteliña, na parroquia de San Salvador, provocará unha serie de cambios na circulación durante o desenvolvemento das mesmas. Dada a complexidade dos traballos, que suporán unha renovación de servizos e da estética da zona, será preciso cortar o tráfico, polo que se habilitará un dispositivo temporal, pensado especialmente para garantir o aceso e saída ao CEIP Viñas e para tratar de causar as menores molestias posibles ás persoas residentes neste ámbito.

O concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo, Gregorio Agís (PSdeG-PSOE), anunciou este martes que a actuación dará comezo a principios da vindeira semana. Agís visitou a zona acompañado polo edil de Obras e Servizos Municipais, o tamén socialista Julio Casás, e anunciou que tamén se habilitará un aparcadoiro disuasorio na Porteliña, nas proximidades da PO-308, para compensar a falta de prazas de estacionamento que haberá na Rúa do Adro unha vez sexa cortada. Os dous edís do Goberno local agradeceron a colaboración da persoa propietaria deste terreo, no que este martes os operarios municipais levaron a cabo tarefas de posta a punta para poder acoller vehículos. Con respecto ao tráfico, permitirase o aceso ao CEIP Viñas desde o cruce onde está situado o semáforo da avenida da Porteliña.

Por aí tamén poderán saír á estrada autonómica os autobuses. O resto dos vehículos para abandonar a zona deberán circular polo Camiño Poio de Arriba.

Tanto Agís como Casás entenden que “este tipo de proxectos son moi necesarios, pero somos conscientes das molestias que poden ocasionar durante a súa execución, polo que agradecemos a comprensión dos e das residentes. Estamos convencidos de que este esforzo pagará a pena, dada a gran transformación á que se someterá a este núcleo de relevancia da parroquia de San Salvador”. Cómpre lembrar que nesta zona son dous os proxectos adxudicados. O correspondente á Rúa do Adro será executado por Narom, mentres que a mellora da contorna da Porteliña será levada a cabo por Movimiento de Áridos y Construcciones Arosa. O investimento total ascende a preto de 400.000 euros, IVE engadido. Son proxectos financiados a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, correspondentes ás convocatorias de 2021 e 2022.

As actuacións centraranse na humanización e rehabilitación dunha zona moi degradada. Procederase á mellora do pavimento, á adaptación de rasantes e a eliminación de barreiras arquitectónicas, apostando, deste xeito, por continuar consolidando a mobilidade sustentable e universal, que é “un dos piares nos que se basean as actuacións que estamos a desenvolver en diferentes núcleos do municipio”, apunta o titular de Promoción Económica e Urbanismo. Apostarase, asemade, polo uso de novos materiais que se integran e sexan totalmente respectuosos coa contorna, ao tempo que se lle dará prioridade ao tránsito peonil, garantindo, deste xeito, unha maior seguridade viaria. Para levar a cabo estas obras será necesario proceder á demolición do firme actual e da beirarrúa existente, adaptando as rasantes a unha nova plataforma única.

Por último, instalaranse novos servizos básicos. O espazo pasará a contar cunha canalización destinada a saneamento nunha superficie duns 150 metros, na que se habilitará unha tubaxe de PVC, ademais de oito pozos de rexistro. Con respecto á recollida de pluviais, habilitarase un colector PVC de 180 metros de lonxitude, acompañado de 16 acometidas domiciliarias, dez pozos de rexistro e sete sumidoiros para a recollida deste tipo de augas. Os traballos culminarán coa dotación de servizos para telecomunicacións e a renovación do alumeado público, apostando por puntos de luz ‘led’, o que garantirá unha maior eficiencia enerxética no seu uso.

Relacionadas

Os maios vestirán O Porriño esta fin de semana

0
Os grupos de música tradicional das asociacións culturais e veciñais amenizarán a festa o sábado pola tarde O Porriño dá a benvida á primavera coa...

A concellería de Cultura a través da Biblioteca Pública Municipal de Baiona organiza un...

0
O próximo 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas que este ano se dedican a Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), unha destacada...

A primeira xuntanza entre Manu Lourenzo e Luís López avanza proxectos para Soutomaior ...

0
O proxecto de humanización da praza da aldea, presentado polo concello de Soutomaior por valor de 170.000 euros,  aprobarase na xunta de goberno de...

Redondela convida aos clubs deportivos a deseñar unha campaña contra a violencia de xénero...

0
- As concellerías de Deportes e Igualdade convidan aos clubs a propoñer un lema respondendo á pregunta “E ti, por que loitas?” dentro do...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao tecido empresarial da provincia na inauguración...

0
O presidente provincial destacou a importancia da dixitalización do sector na estrea do Hubnet posto en marcha pola Cámara de Comercio en Vilagarcía e...

Francisco Castro en concerto en Mos para celebrar as Letras Galegas

0
Acompañado da Banda dos Borges, músicos de gran traxectoria e recoñecemento, ofrecerá un repertorio de cancións en galego da súa autoría, fusión musical entre...

Publicacións Relacionadas