Home O Morrazo Marín A Xunta anima á veciñanza de Marín a aproveitar as próximas convocatorias...

A Xunta anima á veciñanza de Marín a aproveitar as próximas convocatorias de axudas para rehabilitar e facer máis eficientes as súas vivendas

- Anuncio -

— Heriberto García explicou os principais programas de subvencións que o organismo autonómico convocará este ano en materia de rehabilitación enerxética residencial


— Tamén animou aos promotores públicos e privados a aproveitar as axudas convocadas en febreiro para construír vivendas para alugueiro social en solo público

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, animou hoxe aos veciños de Marín a aproveitar as axudas que xestiona e ofrece a Xunta para a rehabilitación e a mellora enerxética do parque residencial, asegurando que as convocatorias que se publicarán este ano permitirán realizar múltiples actuacións tanto en vivendas de maneira individual como en edificios de uso colectivo.
Da mesma maneira, o director xeral animou aos promotores de vivendas, tanto públicos como privados, a aproveitar as axudas financiadas con fondos europeos do programa Next Generation UE para construír vivendas protexidas destinadas a alugueiro.
Así o indicou Heriberto García urbana durante a xornada Marín urbano, para vivir, na que participou en representación da Xunta no marco dunha mesa de traballo centrada na análise da vivenda, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración no municipio.
Tras expoñer as diferentes liñas de axudas que ofrece a Xunta de Galicia tanto para particulares como para promotores, centrou a súa intervención nas axudas para a rehabilitación de vivendas, indicando que este ano se publicarán tres liñas destinadas á mellora enerxética de inmobles construídos cunha dotación global que supera os 43 millóns de euros. Ademais, haberá axudas para a accesibilidade en e ás vivendas.
No caso de Marín, máis alá das novas convocatorias previstas e dirixidas a propietarios particulares, os veciños tamén poden beneficiarse das axudas reservadas para intervir na Área de rehabilitación integral (ARI) do municipio, que ten actualmente en execución 1,25 millóns de euros; e das axudas para actuacións a nivel de barrio, financiadas con fondos europeos, e no marco das cales a Xunta asignou ao concello de Marín o ano pasado un total de 250.000 euros.
Polo que respecta á construción de novas vivendas, o director xeral do IGVS animou tamén aos promotores asistentes a acollerse á convocatoria xa publicada o pasado mes de febreiro, por importe de 8,4 millóns de euros, para fomentar a construción de vivendas para alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes sobre solo público, dirixida tanto a concellos e promotores públicos como a empresas privadas.

Relacionadas

A Xunta destaca o seu apoio aos concellos na recollida diferencia de residuos e...

0
— A planta de transferencia de Curtis pertence á rede pública de infraestruturas, conformada por 17 instalacións repartidas por Galicia, na que o Executivo...

O DOG publica a contratación por réxime de concerto social do funcionamento do...

0
— O Goberno galego investirá 615.000 euros anuais ata 2028 na atención a adolescentes que cumpren medidas xudiciais en réxime aberto — Trátase dun incremento...

Un total de 40 centros de toda España darán a coñecer mañá exemplos de...

0
— Uns 300 profesionais asistirán a este encontro co obxectivo de reivindicar o papel do ensino rural na sociedade — A cita, que acollerá conferencias,...

A Xunta apoia o liderado feminino das altas directivas galegas

0
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta mañá na clausura da primeira edición do proxecto Real Impact Women, impulsado polo...

A Xunta avoga por unir sinérxias público-privadas para referendar a posición de Galicia como...

0
José González destacou o proceso de diálogo iniciado esta semana coa patronal e sindicatos, que completará en datas próximas cos interlocutores do traballo autónomo,...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración continúa co proceso de escoita activa e...

0
O CONSELLEIRO DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN CONTINÚA CO PROCESO DE ESCOITA ACTIVA E REÚNESE COS LÍDERES SINDICAIS DE CCOO E CIG EN GALICIA Nas...

Publicacións Relacionadas