Home Xunta de Galicia A Xunta avoga por unir sinérxias público-privadas para referendar a posición de...

A Xunta avoga por unir sinérxias público-privadas para referendar a posición de Galicia como terra de oportunidades

- Anuncio -
  • José González destacou o proceso de diálogo iniciado esta semana coa patronal e sindicatos, que completará en datas próximas cos interlocutores do traballo autónomo, a economía social e o comercio para abordar en común os retos
  • Como administración facilitadora para os investimentos en Galicia, avogou por simplificar e desburocratizar os procedementos
  • O novo Mapa do Emprendemento da Consellería de Emprego está a reunir todos os recursos e entidades implicados en Galicia e en dúas semanas xa aglutina un total de 145 rexistros de axentes que promoven as iniciativas empresariais

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou hoxe na inauguración en Pontevedra do centro dixital HubNet -unha iniciativa coa que a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa impulsará a transformación dixital das pequenas e medianas empresas e o nacemento de novos negocios-, que o representante autonómico puxo como exemplo das actuacións que Galicia está a desenvolver para seguir a ser terra de oportunidades.  

González defendeu a colaboración público-privada dentro do ecosistema emprendedor para aproveitar sinerxías e para unir a todos os actores clave da economía en favor do crecemento da comunidade. Neste sentido lembrou que está a desenvolver un proceso de diálogo e escoita activa con patronal e sindicatos -hoxe mesmo reuniuse con representantes de CCOO e CIG- que completará nas próximas datas en contacto cos foros de autónomos, economía social ou do comercio e coas confederacións de empresarios de carácter provincial.

“Queremos escoitar propostas para tratar de validar o que queremos mellorar”, incidiu González, que apuntou como algúns dos aspectos prioritarios abordar cuestións como a formación para o emprego, a casación da demanda de traballo coa oferta, a loita contra a sinistralidade laboral e o absentismo laboral.

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vén de reforzar a súa estrutura coa creación dunha nova dirección xeral específica de emprego autónomo e economía social, co obxectivo, dixo o titular deste departamento, de aproveitar o potencial emprendedor dos galegos.

O Goberno galego quere ser unha Administración cada vez máis facilitadora para a empresa. Na presente Lexislatura avanzarase na simplificación, a desburocratización e a simplificación do catálogo de axudas existentes, aspectos nos que incidiu o conselleiro.

González referendou o seu compromiso de apoiar ao tecido produtivo para que siga a crecer e a crear emprego de calidade. Tamén para abordar de maneira decisiva  a innovación no sector comercial minorista e a súa dixitalización para que ofreza un produto diferenciado que atraia máis clientela e blinde a súa fidelidade.

Neste camiño, engadiu o conselleiro, “as Cámaras de Comercio son unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento empresarial, sobre todo na parte das pemes e na súa internacionalización”.

Mapa do emprendemento

O conselleiro referiuse, por outra banda, ao Mapa de emprendemento que vén de lanzar o seu departamento, un espazo virtual (www.mapaemprendemento.gal) que integra por primeira vez o ecosistema galego de apoio ao emprendemento con todos axentes, entidades, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio.

Tras o seu lanzamento hai dúas semanas, a web xa aglutina 145 de entidades (outras vinte amosaron o seu interese en facelo) que traballan na promoción das iniciativas empresariais na comunidade, afirmou González, quen amosou a súa convicción de que o emprendemento é chave que crear empregos próximos, de calidade, sustentables e igualitarios e para potenciar, a través das  novas ideas, un tecido empresarial máis rico e variado, plural e diverso.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas