Home O Morrazo Cangas O goberno local adxudica a Brincatel España SL a reforma do parque...

O goberno local adxudica a Brincatel España SL a reforma do parque de a Choupana por 44.941 euros

- Anuncio -

A intervención contempla o acondicionamento do chan, a sustitución de todos os elementos de xogo e do valado perimetral

O goberno local de Cangas adxudicou á empresa Bricantel España SL a renovación do parque infantil de A Choupana, que presenta un avanzado estado de deterioro tanto nos elementos de xogo, en parte por seren obxecto de actos vandálicos, como no seu chan por un importe total de 44.941,60 euros.

A actuación recolle a mellora do actual chan de caucho cun pavimento que absorba os impactos, a restauración do peche perimetral e a utilización de materiais que garantan unha maior durabilidade e que permitan o xogo a persoas con diversidade intelectual e funcional e tamén que eviten a reducción de visibilidade e con características anti-vandálicas.

No que se refire aos elementos de xogo a memoria recolle a instalación de varios columpios novos entre os que cabe destacar un cesto con dous asientos e dúas cunas; un conxunto con capacidade para 30 nenas e nenos composto por dúas torres, rede de trepar, escaleira, barra de bombeiros e tobogán; varios xogos de muelles con forma de animais mariños como un peixe ou un cabaliño de mar e dous tobogáns, un curvo e outro en terraplén.

“Na Choupana reside moita poboación infantil que necesita espazos de lecer e de xogo para un desenvolvemento harmónico da súa personalidade tanto a nivel físico, como emocional, social e intelectual. Por tanto, desde o Concello queremos potenciar, na medida das nosas posibilidades, que os nenos e nenas dispoñan das instalacións necesarias para poder xogar nos espazos públicos, e sempre aplicando os criterios que rexen en todas as actuacións municipais de garantir a accesibilidade universal e a integración das persoas con discapacidades”, apunta Victoria Portas.

O actual estado da área de xogo desaconsella o seu uso debido ao risco de accidente que supón para a poboación infantil usuaria, unha cuestión que a alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, confía en revertir antes das vacacións escolares de verán.

A reforma do parque infantil da Choupana súmase ao paquete de actuacións urxentes que o goberno local está a executar para poñer a punto as áreas de xogo infantís de Cangas e que comezaron coa humanización do parque de Nazaret, recien rematado; a recente adxudicación de parque de Herbello e a actuación urxente nos parques Vázquez Pintor, Irmandade da Fala, Piñeiro e Vilariño, nos que se renovarán os valados perimetrais de madeira e se restaurarán os elementos de xogo.

“Estas actuacións poderían estar executadas xa e incluso en todos os parques existentes no concello, si os partidos da oposición tiveran apoiado o orzamento que presentamos para 2022. Este lote de adxudicacións son o resultado dunha boa xestión económica do grupo de goberno que nos permite ter recursos agora para este fin pero tamén da búsqueda de alternativas para sortear o boicot permanente de dous grupos da oposición a obras urxentes e prioritarias para Cangas”, apunta Victoria Portas.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas