Home Pontevedra Caldas O BNG presenta o vindeiro sábado 22 ás 20 h. na Casa...

O BNG presenta o vindeiro sábado 22 ás 20 h. na Casa da Cultura de Ponte Valga a candidatura coa que pretende pór en marcha o futuro de Valga

- Anuncio -

Fran Devesa: “Quero destacar a ilusión, a xuventude e as ganas de traballar para construir unha Valga máis democrática, máis diversa e con futuro”

O BNG de Valga fará pública as persoas que formarán parte da súa candidatura, composta por persoas de todas as parroquias de Valga, e na que destaca a presenza de “xente moza con gañas de traballar por unha Valga máis democrática, máis diversa, e con futuro”, en palabras do candidato á alcaldía, Fran Devesa Senín. As tres persoas que ocupan os postos de suplentes son membros históricos do BNG aos que se lle quixo dar presenza na candidatura como forma de agradecer todo o traballo que fixeron durante anos para a agrupación local.

O acto terá lugar o sábado 22, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Ponte Valga e nel intervirán Luis Bará (deputado no Parlamento Galego), Candela Rodríguez (candidata nº 4) e Fran Devesa (candidato nº 1), todo presentado pola creadora de contido dixital en TikTok, Sara Seco Rial.

Durante este acto haberá algunha sorpresa e ao finalizar, degustarase un viño elaborado en Valga.

A candidatura está conformada por:

nº 1 Fran Devesa Senín

Francisco Ramón Devesa Senín naceu en Ponte Valga, aínda que na actualidade reside en Cimadevila, onde é pai de dúas nenas. Estudou Formación Profesional. No 2015 emprendeu un negocio de turismo sostible que en poucos anos se converteu nun referente de calidade turística a nivel estatal. Desde moi novo é militante do BNG. Participa activamente en asociacións culturais e movementos sociais de Valga. Foi presidente da Asociación Cultural Os Penoucos, membro de obaixoulla.gal e coorganizador do festival de música independente ArteNativa, dos Ciclos de Cinema Social de Valga e do Carolina Son.

nº 2 Miguel Lois Barreiro

Nacido en Ponte Valga e futuro residente de Baño (Xanza). Estudou Enxeñería Técnica Agrícola e Máster en Arquitectura da Paisaxe. Traballa como técnico de parques e xardíns nunha empresa multinacional provedora de servizos medioambientais e colabora en estudios de paisaxismo. Na actualidade é o presidente da Asociación Cultural Os Penoucos, fundador e xestor dos contidos de obaixoulla.gal, e membro do Padroado da Fundación Rosalía de Castro.

nº 3 Sandra Seoane Saborido

Nacida na aldea do Carballiño (Xanza), aínda que na actualidade reside en Ponte Valga. Estudou Química Ambiental e traballa na industria da alimentación.

Nº 4 Candela Rodríguez Devesa

Medrou entre Senín (Xanza) e Louro (Setecoros), e actualmente reside no Sixto (Xanza). Estudou Filoloxía e cursa un Máster. É membro do Clube de Karate Valga, traballa a tempo parcial nun circuíto de karting e colabora cun equipo amateur de karting.

Nº 5 María Pilar López Vidal

Veciña de Cimadevila, é licenciada en Administración e Dirección de Empresas e titulada en Enxeñería Técnica Forestal, profesión á que se dedica na actualidade. Foi presidenta da ANPA
Pequeval do CRA de Valga e actualmente é membro do consello escolar do CEIP de Baño Xanza.

Nº 6 Alexandre Chorén Campaña

Nacido no Forno (Cordeiro), é diplomado en Maxisterio e Técnico Superior en Actividades Físico- Deportivas. Actualmente exerce como director de centro dentro dunha multinacional.

Nº 7 Sara Seco Rial

Veciña de San Miguel, graduouse en Ciencia Política e Administración Pública e traballa na Mesa pola Normalización Lingüística, aínda que tamén é creadora de contido dixital en TikTok.

Nº 8 Adrián Pardal Serramito

Nacido na aldea do Souto, aínda que con 8 anos mudouse para A Rúa Nova, ambas as dúas na parroquia de Campaña. Estudou dous ciclos de Formación Profesional: Farmacia e Saúde Ambiental. Traballa como caixeiro e repoñedor nun supermercado, aínda que tamén exerce como Monitor de Ocio e Tempo Libre.

Nº 9 Berta Magariños Blanco

Veciña de Desabanda, é titulada en Técnico Especialista en Estética, traballo ao que se dedicou durante máis de 20 anos. Recentemente deu un xiro profesional na súa carreira e actualmente traballa no sector da sanidade, xa que tamén é Técnica en Coidados Auxiliares de Enfermería.

Compaxina o traballo no Hospital do Barbanza, coa ampliación da súa formación co ciclo de Técnico de Laboratorio Clínico e Biomédico.

Nº 10 David Dadín Crespo

Nacido en Aios (Sanxenxo), aínda que residente en San Miguel desde fai máis de 10 anos. Dedicouse sempre á fontanería e electricidade, ata a crise do 2008, ano desde o cal traballa no sector do aluminio como matricero.

Nº 11 Jennifer Blanco Serramito

Nacida na Devesa (Campaña) e residente en Ponte Valga. É titulada en Técnico en Farmacia, profesión que exerce na actualidade.

Nº 12 Susana Barreiro Gómez

Nacida en Ponte Valga, foi presidenta da ANPA do IES de Baño e segue vinculada coa institución formando parte do Clube de Lectura de maiores. Traballa facendo enquisas por toda Galiza.

Nº 13 Luis Miguel Sanmarco Janeiro

Nacido en Paredes. É artesán de instrumentos musicais e mestre de música tradicional.

Forma parte da xunta directiva da AGG (Asociación de Gaiteiras e Gaiteiros Galegxs).
Suplente Nº 1 Milagres Bouzón Castroagudin
Nacida en Beiro (Cordeiro), traballa como profesora na educación pública.
Suplente Nº 2 María Dolores Barreiro Ferro
Nacida no Forno (Cordeiro), traballa como administrativa na administración autonómica.
Suplente Nº 3 Xosé Manuel Martínez López “Peke”
Nacido en Carracido (Cordeiro), é licenciado en Xeografía, Historia e Arte, e foi concelleiro do BNG durante 8 anos.

Relacionadas

A alcaldesa de Mos estuda co novo Conselleiro, José López, importantes proxectos culturais para...

0
Destacan entre eles a terceira fase da rehabilitación da antiga Reitoral de Petelos e a posta en valor do Castro de Torroso A alcaldesa de...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

0
Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste...

Sinalización intelixente e contidos dixitais de enogastronomía, primeiros avances nos proxectos do PSTD do...

0
Alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras fixeron un balance dos primeiros pasos que se están a dar para levar a cabo iniciativas relacionadas coa transición...

Abre a exposición “Brontë, Shakespeare y otros frikis: Clásicos que has leído sin saber...

0
Poder visitarse en Tui até o 8 de xuño Avanzando na programación de “Tui en Letras 2024” a Biblioteca Municipal de Tui acolle ata o...

A campaña de tarxetas regalo do Concello tivo un impacto na economía local de...

0
Depositáronse no Buzón da Oficina de Turismo algo máis de 3.000 tickets, o que supón un bo síntoma de que moitos marinenses escolleron os...

Publicacións Relacionadas