Home Ourense A Limia Conde salienta a importancia de seguir acompañando a actividade empresarial e as...

Conde salienta a importancia de seguir acompañando a actividade empresarial e as necesidades das empresas da comarca da Limia

- Anuncio -

— Acompañado do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, o vicepresidente económico subliñou que a Administración autonómica está a orientar todo este esforzo cara a tres eidos: a axilidade administrativa, o acceso a solo industrial e o impulso da innovación e a sustentabilidade no tecido empresarial galego

— De xaneiro a marzo creáronse na provincia de Ourense 115 empresas, un 18,5% máis que no primeiro trimestre do ano pasado

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, destacou hoxe o traballo que está a facer a Administración autonómica por acompañar a actividade empresarial e as necesidades das empresas galegas.
Durante a súa intervención no Networking Galicia Empresa, organizado pola Asociación de empresarios do polígono de Xinzo de Limia, Conde salientou que a Xunta de Galicia está a orientar todo este esforzo cara a tres eidos: a axilidade administrativa a través da Lei de simplificación, o acceso a solo industrial e o impulso da innovación e a sustentabilidade no tecido empresarial galego.
Nesta liña, o vicepresidente económico informou das axudas que a Xunta de Galicia ten neste momento á disposición das empresas para fomentar a eficiencia enerxética. Entre elas, destacou o Bono Enerxía Peme, que este ano conta cun orzamento de 4,2M€ para a mellora de instalacións e equipamentos máis eficientes. Tamén está aberta ata o 15 de xuño a liña de apoios para a constitución de comunidades enerxéticas locais, que permite reducir os custos da factura eléctrica e dispón dun orzamento de 600.000 euros.
De xaneiro a marzo creáronse na provincia de Ourense un 18,5% máis de empresas que no primeiro trimestre do ano pasado; en total 115. E, ao respecto, Conde avogou por xerar ecosistemas que favorezan o emprendemento e por iniciativas como o Conecta Ourense, que a Xunta desenvolve en colaboración coa Confederación de Empresarios de Ourense, para achegar información e asesoramento ás empresas, con dúas oficinas en Verín e no Barco de Valdeorras.

Relacionadas

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

Publicacións Relacionadas