Home Pontevedra A Paradanta Este fin de semana Arbo acolle o Certame de Corais "Vila de...

Este fin de semana Arbo acolle o Certame de Corais “Vila de Arbo”

- Anuncio -

• Este ano o certame quere render homenaxe a Antonio Paz Valverde, unha gran insignia artística que puxo selo á cultura e a música coralista.


• O certame terá lugar este sábado 6 de maio ás 19:00horas no Auditorio do Centro Multiusos de ARbo

O Concello de Arbo coa colaboración da Coral Polifonica de Arbo, organiza despois de dous anos de parón por mor da COVID-19, o “VIII Certame de corais Vila de Arbo” que terá lugar este sábado, ás 18.30 horas, no Auditorio Segundo Gil Davila co fin de apoiar a cultura musical, polifónica e coral, así como mostrar os recursos culturais, gastronómicos e patrimoniais do municipio arbense.

Neste certame de corais participan dúas agrupación que non sonprofesionais nin pertencen a ningunha escola profesional ou semiprofesional de música, sen ningún tipo de acompañamento musical (soamente a capela).

A obra obrigatoria nesta edición do concurso e a seguinte; “BAMBOLIÑA (a rapaza que no paraba quieta)” en memoria de Antonio Paz Valverde, unha gran insignia artística que puxo selo á cultura e a música coralista

A coral gañadora do certame recibirá 900 euros, a segunda clasificada obterá 400 euros, a que ocupe o terceiro posto levará 200 euros e, ademais, entregarase o premio FEGOCA, de 500 euros, á mellor interpretación da obra obrigatoria do certame. Todas, incluídas as non premiadas, recibirán ademais diplomas acreditativos.

O alcalde de Arbo agradece “a todas as Corais participantes, así como a Fecoga, a Fundación Segundo Gil Davila e outras entidades colaboradoras e a Coral Polifonica de Arbo pola axuda prestada e a ilusión que mostraron na realización de este evento” e animan a todos os veciños e veciñas de Arbo e visitantes a que se acheguen ao Auditorio o vindeiro sábado a disfrutar deste mágnifico evento musical.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas