Home Pontevedra Caldas Máis de 300 persoas arrouparán a Sito Gómez este sábado na presentación...

Máis de 300 persoas arrouparán a Sito Gómez este sábado na presentación da candidatura do PP de Moraña

- Anuncio -

• Contará coa asistencia da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e do presidente provincial, Luis López.

O Partido Popular de Moraña presentará este sábado a candidatura coa que concorren ás eleccións municipais do 28 de maio nun xantar no que Sito Gómez estará arroupado por máis de 300 persoas. Celebrarase na Carballeira de Santa Xusta a partir das 13.30 horas, e contará coa asistencia da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado; do presidente provincial, Luis López; da secretaria xeral e número 2 da candidatura, Luisa Piñeiro; e do alcalde, José Cela.

O candidato agradece o apoio de todos os veciños, no que será o seu primeiro gran acto político. “A menos de unha semana para que comece de xeito oficial a campaña das eleccións máis importantes para os concellos, é fundamental contar con toda a forza e o respaldo dos veciños de Moraña. Representamos á inmensa maioría social dos veciños, e seguimos preparados para continuar gobernando con estabilidade e rigor”.

Sito Gómez destaca que “presentamos unha gran candidatura, con persoas implicadas de principio a fin en traballar polo interese xeral, comprometidas para deixarse a pel por este concello”. Di que o reto que teñen por diante é grande, e que o asumen con total responsabilidade e ilusión: “É importante manter un goberno solvente, de confianza e comprometido, que nos permita seguir avanzando, tal e como se fixo na última década, e que continúe coa transformación global emprendida polos alcaldes Luisa Piñeiro e José Cela tanto no eido da dinamización socioeconómica como na consecución de infraestruturas e equipamentos e a implantación de servizos públicos”.

Relacionadas

A Deputación investirá preto de 400.000 euros na mellora da pavimentación e o acceso...

0
O Concello de Rodeiro tamén recibirá una illa ecolóxica de reciclaxe enmarcada no programa “Da túa man (rural)” financiado con fondos europeos A Deputación de...

Orgullo Pontevedra 2024, unha semana chea de actividades para reivindicar os dereitos LGBTIQA+

0
Comezarán o día 19 de xuño coa colocación da faixa multicolor no balcón da Casa Consistorial, e  continuarán dende o 23 ao 29 de...

O Concello ratifica que se manteñen as prazas para aparcar en toda a beirarrúa...

0
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, entende “a confusión da cidadanía pola nova anchura da beirarrúa, pero nese lado non se suprimen as prazas,...

Celébrase a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho

0
Este xuño, Marín celebra a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho, querendo achegar aos padais dos máis apaixonados da gastronomía a través...

Luis López reforzará a cooperación entre a Deputación e Xunta nun encontro institucional co...

0
O presidente provincial recorda colaboracións como as de Santa Clara ou o Cine Fraga de Vigo para remarcar a “sintonía” e “compromiso” polo progreso...

Luis López sinala a obra da Praza de Barcelos como exemplo do impulso da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a importancia da colaboración co Concello para sacar adiante proxectos estratéxicos durante unha visita á...

Publicacións Relacionadas