Home Pontevedra Caldas Paula Prado ve a Sito Gómez como sucesor de dous grandes alcaldes,...

Paula Prado ve a Sito Gómez como sucesor de dous grandes alcaldes, Luisa Piñeiro e José Cela, que representan “o mellor” dos rexedores do PP

- Anuncio -

• Luisa Piñeiro sinala que fronte á proposta dos populares “de traballar desde o primeiro día e que sabedes que é de fiar”, a alternativa é un pacto de perdedores “que é un foco de problemas, conflitos e polémicas”.


• Sito Gómez di que a súa ambición “será contribuír e avanzar no proxecto que leva transformando e modernizando Moraña nos últimos doce anos”.

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, sinalou hoxe que o candidato do PP á alcaldía de Moraña, Sito Gómez, e o seu equipo son “un seguro de vida” porque “levan Moraña no seu corazón, e ese é o primeiro paso e o máis importante”. Para ela, a candidatura é “a mellor garantía” de que esa Moraña que medrou con Luisa Piñeiro, que se consolidou con José Cela, e que tanto ten aínda por ofrecer, “seguirá sendo un concello referente en Galicia”.

Foi durante o xantar que se celebrou este mediodía na Carballeira de Santa Xusta para presentar a candidatura coa que o PP de Moraña concorre ás municipais do 28 de maio, e que reuniu a máis de 300 persoas, entre elas o presidente provincial, Luis López, e a secretaria xeral e número 2 de Moraña, Luisa Piñeiro. Paula Prado salientou que Luisa e José representan “o mellor” dos alcaldes e alcadesas que queremos no PP: “Cheos de enerxía e ilusión por dar o mellor de si mesmos cada día; de fiar; e que non veñen aprender, senón que veñen xestionar”. A ambos agradeceulles fondamente o seu labor polo partido en Moraña.

“Somos o único partido que é capaz de presentarse nos 313 concellos da nosa Comunidade, con 313 candidatos que teñen nomes e apelidos. Representamos a estabilidade, o rigor e o sentidiño, e levamos moitos anos demostrando por que se pode confiar en nós. Somos o Partido Popular e estamos moi orgullosos de pertencer a el”, rematou a número dous dos populares galegos.

Pola súa banda, Luisa Piñeiro pediu o apoio e confianza para Sito Gómez e para a candidatura do PP, “porque podedes estar ben seguros que é o mellor para seguir construíndo a Moraña que queremos”. Aproveitou a súa intervención para poñer en valor todo o feito durante os últimos 12 anos: “Demos o mellor de nós e creo que cumprimos en volcarnos co noso concello e no PP estamos orgullosos de todo o que fixemos por vós. Pero non nos chega, somos moi esixentes. E por iso queremos subir o listón e vos ofrecemos este novo proxecto, que combina a continuidade do moito ben feito cunha necesaria renovación, evolución e ansia constante de seguir mellorando por e para Moraña”.

Fronte á proposta dos populares, “que é traballar desde o primeiro día e sabedes que é de fiar” dixo que a outra alternativa pasa “exclusivamente” por un bipartito, “un pacto de perdedores que estará máis preocupado dos seus intereses persoais, postos e soldos que dos veciños. Unha coalición que, como vedes en moitos gobernos galegos, é un foco de problemas, de conflitos e de polémicas”.

Por último, o candidato amosouse agradecido por todo o apoio que está recibindo dos veciños e recoñeceu que afronta esta nova etapa “con moito entusiasmo, ilusión e gañas para traballar con humidalde, compromiso e proximidade”. Así, dixo que apostarán por unha educación de calidade, cunha oferta cultural atractiva, con novas infraestruturas deportivas, como por exemplo un circuíto de atletismo… “Pero a miña ambición principal será contribuír e avanzar no proxecto que leva transformando e modernizando Moraña nos últimos doce anos, primeiro con Luisa Piñeiro e nos últimos anos con José Cela”.

CANDIDATURA PP DE MORAÑA

  1. JOSÉ LUIS GÓMEZ FONTENLA
  2. MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS
  3. ALBERTO CALDAS PEREIRA
  4. ADRIÁN FERNÁNDEZ ALBOR BATALLÁN
  5. MARÍA JOSÉ GARCÍA SUEIRO
  6. ANDREA DOMÍNGUEZ BÚA
  7. MARÍA DE LAS MERCEDES CAMPOS EIRÍN
  8. JAIME ABAL GONZÁLEZ
  9. ROCÍO BLANCO MONTÁNS
  10. JAVIER RUIBAL COUSO
  11. ELIANA RUBIANES VÁZQUEZ
    SUPLENTES
  12. JAVIER PORTELA MARTÍNEZ
  13. MARÍA ROCÍO AMEAL HERMIDA
  14. SILVIA LOUZÁN AGRA
  15. ADONIS SEÑORÁNS MAGDALENA
  16. MANUEL GARCÍA ARGIBAY
  17. MÓNICA MONTEAGUDO GAMALLO
  18. ROCÍO LORENZO PÉREZ
  19. FÉLIX ROMA NÚÑEZ
  20. JOSÉ MANUEL SUÁREZ RODRÍGUEZ
  21. JOSÉ CELA CAMIÑO

Relacionadas

A Deputación investirá preto de 400.000 euros na mellora da pavimentación e o acceso...

0
O Concello de Rodeiro tamén recibirá una illa ecolóxica de reciclaxe enmarcada no programa “Da túa man (rural)” financiado con fondos europeos A Deputación de...

Orgullo Pontevedra 2024, unha semana chea de actividades para reivindicar os dereitos LGBTIQA+

0
Comezarán o día 19 de xuño coa colocación da faixa multicolor no balcón da Casa Consistorial, e  continuarán dende o 23 ao 29 de...

O Concello ratifica que se manteñen as prazas para aparcar en toda a beirarrúa...

0
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, entende “a confusión da cidadanía pola nova anchura da beirarrúa, pero nese lado non se suprimen as prazas,...

Celébrase a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho

0
Este xuño, Marín celebra a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho, querendo achegar aos padais dos máis apaixonados da gastronomía a través...

Luis López reforzará a cooperación entre a Deputación e Xunta nun encontro institucional co...

0
O presidente provincial recorda colaboracións como as de Santa Clara ou o Cine Fraga de Vigo para remarcar a “sintonía” e “compromiso” polo progreso...

Luis López sinala a obra da Praza de Barcelos como exemplo do impulso da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a importancia da colaboración co Concello para sacar adiante proxectos estratéxicos durante unha visita á...

Publicacións Relacionadas