Home A Coruña Rosana Pérez asegurou que a comarca soporta unha grande precariedade laboral provocando...

Rosana Pérez asegurou que a comarca soporta unha grande precariedade laboral provocando que miles de persoas continúen sen médico ou médica asignado e con longas listas de espera para seren atendidos

- Anuncio -

O BNG demanda cubrir as ausencias do persoal sanitario nos centros de saúde do Barbanza

Rosana Pérez asegurou que a comarca soporta unha grande precariedade laboral provocando que miles de persoas continúen sen médico ou médica asignado e con longas listas de espera para seren atendidos

Santiago de Compostela, 10 de maio , 2023.Pleno.- A deputada do BNG, Rosana Pérez defendeu no Parlamento galego “dotar de persoal sanitario os centros de saúde do Barbanza”, unha comarca de grande precariedade laboral á que “ningún profesional quere ir e foxe cando pode”, afirmou.

A parlamentaria explicou que “miles de persoas non teñen médico de familia asignado, carecen de pediatra e soportan longas esperas para ser atendidas”. Por outra parte,

os centros que acollen máis poboación, como Boiro ou Ribeira, son claros exemplos do “mal trato permanente a profesionais e persoas usuarias”.

Rosana Pérez criticou que o Partido popular aproveitara a pandemia para pechar os consultorios de Taragoña e Cabo de Cruz e os pacientes concéntranse agora nos centros de saúde das súas localidades que, á súa vez, “están sobrecargados”.

Na pregunta parlamentaria ao goberno, tamén se referiu aos centro periféricos de Palmeira e Corrubedo, “sen médico a tempo completo e co persoal que debe desprazarse dende o centro de saúde de Ribeira ou doutros centros, provocando que, tanto uns como os outros estean mal atendidos”.

A deputada denunciou que “o cadro de persoal nunca está completo en ningún dos centros de saúde da comarca”, non se cobren as ausencias e os profesionais alongan a súa xornada e atenden sistematicamente a un número de pacientes que dobra o que lle corresponde.

“A falta de pediatras é clamorosa” e a consecuencia é a “peregrinación” dos nenos, nenas, nais e pais por toda a comarca e incluso fóra dela. En opinión da deputada, todas estas circunstancias repercuten no servizo de urxencias do hospital do Barbanza, a onde acoden moitas das persoas que non atopan atención acaída no seu centro de saúde.

A parlamentaria preguntou ao conselleiro de Sanidade como vai resolver a falta de médicos e pediatras que soportan os centros de saúde do Barbanza.

Tras a resposta do conselleiro, Julio García Comesaña que asegurou estar tomando decisións para cubrir as prazas que na actualidade producen demoras na atención sanitaria, a deputada do BNG, acusou ao titular de sanidade de “botar balóns fóra” e non asumir as súa responsabilidade a pesar de ter competencias exclusivas. Vostede, dixo, Rosan Pérez “continúa repetindo falsas promesas” e o slogan de contar con máis prazas MIR está desautorizado por segundo ano consecutivo. O problema, explicou a deputada, non é a falta de prazas para formar médicos e médicas, o problema, recalcou, é que os médicos non queren formarse en Galiza porque as condicións laborais son “insoportables”.

Por outra banda, criticou que agora sanidade anuncie médicos para Ribeira a través dun concurso que, como cedo, non terá lugar antes do outono. Dous médicos en Ribeira!!! E como van facer para cubrir o resto dos que faltan só nesa localidade? preguntou novamente a nacionalista.

“O Barbanza é para vostede un número máis dentro dun bombo de lotería que, se hai sorte, terá unha pedrea nese concurso. Pero vostede é conselleiro de Sanidade do Goberno galego, non un neno de San Ildefonso”. Deixe de elucubrar e culpabilizar a todo o mundo de algo que é da súa exclusiva competencia e responda con claridade á cidadanía: Como, e sobre todo, cando vai cubrir as prazas vacantes de persoal sanitario na nosa comarca? repreguntou a deputada do BNG sen obter ningún tipo de compromiso por parte do conselleiro de Sanidade

Relacionadas

Fene contratará 2 peóns/oas forestais con cargo ao programa APROL Rural 2024

0
As persoas traballadoras que se contraten deberán estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego na modalidade de peón/oa forestal O Concello de Fene vén...

O pavillón das Lagoas acollerá mañá a “II Xornada da Liga Galega de Halterofilia”

0
O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou hoxe xunto con Susana Basoa, presidenta do club Gaman, e David Losada, presidente da Federación Galega de...

A III Feira dá Cultura EnCaMiño celebrarase os días 19, 20 e 21 de...

0
● Xa se presentou un anticipo do cartel, con 14 autores e autoras que confirmaron a súa presenza neste evento, que se consolida tras...

O Concello de San Sadurniño e a Casa do Mel organizan un curso de...

0
A área de Desenvolvemento local de San Sadurniño e a Asociación Casa do Mel -quen xestiona o colmear didáctico da Cortiña- ofrecen unha nova...

O proxecto cultural ‘Galicia Latente’ presentarase en Camariñas o próximo martes

0
· O IES Pedra da Aguia acollerá, ás 16:30 horas, a proxección dun documental sobre a Galicia do presente e un coloquio posterior para...

Bienal de Pintura do Eixo Atlântico

0
O Centro Cultural Lustres Rivas acolleu onte a inauguración da exposición Bienal de Pintura do Eixo Atlântico, onde estiveron presentes a Concelleira de Cultura;...

Publicacións Relacionadas