Home Pontevedra O Condado XV Festa da Sementeira e Música

XV Festa da Sementeira e Música

- Anuncio -

Esta fin de semana terá lugar a décimo quinta edición da Festa da sementeira e música na área recreativa muiño da ponte, en Corzáns (Salvaterra de Miño).

Serán dous días de festa e como todos os anos con moitas novidades. No sábado comenzarán coa súa particular ruta de tractores chegando ata o municipio veciño de Monção, ao mesmo tempo que abre a feira de artesanía na área recreativa. Pola tarde será o turno dos mais cativos, con diferentes actividades como Obradoiro de cerámica, xogos infantís e a demostración do funcionamento dos muiños a cargo de Romer, así como tamén actuaciones de grupos como as Lucernas de Fiolledo ou Tanto nos Ten. Xa pola noite terán lugar unha serie de concertos do grupo Ialma, La Quinkillada, Recambios Tucho e La Duendeneta dilleis.

Xa no domingo, terá lugar a súa tradicional labranza con bois amenizado polo grupo Naiama, e o pregón a cargo de Xosé Antonio Touriñan; así como tamén as desexadas olimpiadas agrícolas de maiores e pequenos, donde as risas están aseguradas. Ademáis, na parte da tarde tamén habrá concertos con grupos como Donicelas, Festicultores Troupé, Malvelas e Son das Tabernas.

Así mesmo, dende a organización comentan que voltará a celebrarse a feira agrícola que tanto éxito colleitou na anterior edición. Todos os asistentes poderán ver diferente maquinaria agrícola.
Dende a asociación señalan que haberá postos de artesanía e comida apta para vexetarianos os dous días.

Por todo iso, os membros da asociación cultural quinta do Piñeiro animan a todas as persoas a pasar un fin de semana de troula e tradición con eles.

Finalmente, dende a asociación cultural quinta do Piñeiro invitan a todos os medios de comunicación a asistir o recinto da festa o domingo 14 as 13:30 horas para acudir o pregón de Xosé Antonio Touriñan.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas