Home Pontevedra O Salnés Alberto Varela anuncia a proposta de establecer aparcamentos para residentes nas zonas...

Alberto Varela anuncia a proposta de establecer aparcamentos para residentes nas zonas periurbanas de Vilagarcía

- Anuncio -

O Alcalde e candidato socialista pon en valor as máis de 1500 prazas en aparcamentos disuasorios creados durante estes mandatos, pero valora tamén que “algúnhas zonas precisan maior atención na xestión de aparcamento, debido á súa boa ubicación na cidade e ao seu dinamismo”

Varela propón que Carril, Os Duráns, As Pistas e A Lomba teñan espazos de zona verde reservada para residentes que facilite lugares de aparcamento próximos

O Alcalde e candidato socialista á reelección, Alberto Varela, lanzou hoxe unha proposta de establecemento de aparcamentos para residentes nas zonas periurbanas de Vilagarcía (Carril, Os Duráns, As Pistas e A Lomba), tendo en conta que “Vilagarcía medrou en máis de 1500 prazas de aparcamentos, fundamentalmente en aparcamentos disuasorios, durante o mandato do noso goberno” pero tamén apuntando que “hai barrios que precisan maior atención que outros na xestión de aparcamentos, debido á súa boa ubicación”, como son os referidos na proposta.

Varela explicou que Vilagarcía ten un modelo de cidade “pensado principalmente para as persoas”, cuestión que destacou que “xa non é o futuro senón o presente de calquera cidade europea”, pero que hai que facilitar a mobilidade xeral e, sobre todo, “a comodidade dos veciños e veciñas”. Por iso a proposta que fai fundaméntase en “liberar parte dos espazos deses barrios para uso expreso dos residentes a través de mecanismos como a zona verde e tarxeta de residente, ao igual que a maioría das cidades fai xa en algúns lugares dos seus municipios”.

O candidato socialista lembrou que nas xuntanzas con veciños que ven desenvolvendo ao longo de todo o mandato, esta é un proposta que sempre estivo nas conversas, aínda que faltaba concreción sobre como e onde levala a cabo. Varela apunta que “tras estudar ben os fluxos do tráfico, a disposición das rúas e os futuros investimentos en humanizacións, temos unha proposta ben armada sobre as posibilidades que hai en cada lugar”. Así, engadiu a idea de que manterán xuntanzas explicativas cos veciños de cada barrio para definir con precisión as zonas reservadas, que serán levadas á futura ordenanza de mobilidade.

“Estamos ante un novo paso na configuración dun modelo de cidade que funciona, como se ve na satisfacción dos cidadáns e no aumento de poboación, pero tamén nos propios datos económicos da cidade que apuntan ao crecemento, como o maior número de empresas agora que hai 8 anos, ou os mellores datos de emprego en décadas” redundou Alberto Varela.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Bieito Lobeira número dous na candidatura europea

0
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes...

Publicacións Relacionadas