Home A Coruña Camariñas acollerá o 7, 8 e 9 de xullo a cuarta edición...

Camariñas acollerá o 7, 8 e 9 de xullo a cuarta edición do maior programa cultural dedicado a un naufraxio en Galicia

- Anuncio -

· ‘City of Agra, 126 anos na memoria’ celebrarase un ano máis en Camelle e Arou.

· Todos os días do evento, ademais da programación deseñada, haberá exposición, feira mariñeira e concurso de tapas nos bares de Camelle e Arou.

O Concello de Camariñas acollerá, do 7 ao 9 de xullo, a cuarta edición do evento ‘City of Agra, 126 anos na memoria’, o maior programa cultural dedicado a un naufraxio en Galicia, que se desenvolverá en Camelle e Arou polos 126 anos da catástrofe do buque inglés.

A Asociación Naufraxios Galegos e o Concello de Camariñas, en colaboración coa Comisión de Festas de Camelle e a Asociación Cultural A Folia da Faneca de Camelle, organizan este compendio de actividades no que, ademais do programa deseñado, haberá exposición, feira mariñeira e concurso de tapas nos bares.

A programación arrincará o venres, 7 de xullo, coa apertura da exposición ‘City of Agra, 126 anos na memoria’ e a Feira Mariñeira no paseo marítimo de Camelle. Ao longo das tres xornadas haberá concertos, roteiros de naufraxios, sardiñada, foliada, teatralizacións, pasarrúas… O domingo, 9 de xullo, día da clausura, ás 12:30 horas farase un homenaxe aos náufragos da Costa da Morte e ás 12:50 horas unha recepción de autoridades aos náufragos do City of Agra e entrega de medallas.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas