Home A Coruña Mañá comeza a funcionar a zona ORA nas inmediacións das praias

Mañá comeza a funcionar a zona ORA nas inmediacións das praias

- Anuncio -

Desde este xoves día 1 de xuño comeza a funcionar o sistema de cobro por estacionamento nalgúns aparcadoiros das inmediacións das praias de Santa Cristina, Bastiagueiro, Santa Cruz, Naval e Mera. A ORA estará activa durante toda a tempada de verán, ata o 15 de setembro, de luns a domingo, en horario de 12.00 a 20.00 horas. A tarifa parte dos 50 céntimos que posibilita estacionar unha hora, ata os 5 euros que permiten deixar o vehículo durante todo o día. Tamén hai tramos intermedios, como o de 3 euros, para aparcar durante 4 horas.

Coa ORA redúcese o uso de vehículo privado e axilízase o aparcamento en zonas de praia que teñen unha grande intensidade de uso, especialmente as fins de semana ou en horario de tarde con bo tempo. Este sistema constitúe unha forma de ordenación dun espazo público nunha zona turística cando máis preciso é, no caso de Oleiros, no verán; onde a escaseza de solo dispoñible con destino a aparcadoiro e o aumento do parque automobilístico determinan a necesidade de facer unha distribución racional e equitativa dos estacionamentos entre todas as persoas usuarias.

A tecnoloxía coa que están dotados os parquímetros permite o pagamento mediante tarxeta ou teléfono móbil. Tamén é posible utilizar a aplicación easypark. A identificación por matrícula non fai necesario a colocación do resgardo no parabrisas e posibilita a anulación das denuncias de xeito rápido e seguro.

Relacionadas

Fene contratará 2 peóns/oas forestais con cargo ao programa APROL Rural 2024

0
As persoas traballadoras que se contraten deberán estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego na modalidade de peón/oa forestal O Concello de Fene vén...

O pavillón das Lagoas acollerá mañá a “II Xornada da Liga Galega de Halterofilia”

0
O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou hoxe xunto con Susana Basoa, presidenta do club Gaman, e David Losada, presidente da Federación Galega de...

A III Feira dá Cultura EnCaMiño celebrarase os días 19, 20 e 21 de...

0
● Xa se presentou un anticipo do cartel, con 14 autores e autoras que confirmaron a súa presenza neste evento, que se consolida tras...

O Concello de San Sadurniño e a Casa do Mel organizan un curso de...

0
A área de Desenvolvemento local de San Sadurniño e a Asociación Casa do Mel -quen xestiona o colmear didáctico da Cortiña- ofrecen unha nova...

O proxecto cultural ‘Galicia Latente’ presentarase en Camariñas o próximo martes

0
· O IES Pedra da Aguia acollerá, ás 16:30 horas, a proxección dun documental sobre a Galicia do presente e un coloquio posterior para...

Bienal de Pintura do Eixo Atlântico

0
O Centro Cultural Lustres Rivas acolleu onte a inauguración da exposición Bienal de Pintura do Eixo Atlântico, onde estiveron presentes a Concelleira de Cultura;...

Publicacións Relacionadas