Home A Coruña María Doval exporá por primeira vez os seus cadros en Caión nunha...

María Doval exporá por primeira vez os seus cadros en Caión nunha mostra titulada Sensaciones

- Anuncio -

O horario de apertura do 2 ao 23 de xuño será, de luns a venres, de 17:00 a 20:00 h.

María Doval, natural de Pontevedra e residente desde hai máis de dúas décadas en Caión, é profesora xubilada que desde sempre tivo paixón pola pintura. Foi durante os últimos anos da súa actividade profesional, cando a redución da xornada laboral lle permitiu dispoñer de máis tempo libre, o momento no que comezou a despregar as súas inquedanzas artísticas plasmando en cadros as sensacións que experimenta e tamén as que lle inspira Caión.

Precisamente esa vila na que reside é o lugar no que María Doval vai realizar a primeira exposición dos seus cadros. Baixo o título Sensaciones, trátase dunha mostra moi variada, composta por corenta pezas nas que se pode apreciar a súa evolución artística, desde os inicios ata o momento actual con traballos máis centrados na pintura intuitiva e surrealista.

Sensaciones inaugurarase o venres ás 19:00 horas no centro sociocomunitario de Caión, nun acto aberto a toda a cidadanía. A exposición poderase visitar ata o 23 de xuño, de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00 h.

Relacionadas

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Incendio nun vehículo agrícola na DP-6503 á altura de Carcacia, no Concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 12:26 deste mediodía dun incendio que afectou a un tractor na DP-6503, á...

O Concello mantén as súas tres bandeiras azuis, traballa na potenciación dos seus servizos...

0
 “O equipo de goberno do Concello de Ponteceso agradece esta boa valoración, pero non se conforma”, sinala o alcalde  Niñóns, que non dispón...

Hércules de Edicións publica “Noites confinadas”: unha viaxe estética e reflexiva pola natureza e...

0
· A visión conxunta de Chema Mesías, Ilduara Penas Antelo e David Catá: unha chamada á conciencia e a acción por un futuro sostible. ·...

Grande éxito das Olimpíadas Científicas no Colexio Luis Seoane

0
O CEIP Luis Seone celebrou esta mañá unhas Olimpíadas Científicas para conmemorar o Día da Ciencia. O alumnado amosou os proxectos científicos que desenvolveron...

Laxe contará un ano máis cunha Bandeira Azul na súa praia urbana

0
• A Adeac anunciou hoxe os areais que contan con este distintivo, entre os que se encontra a Praia de Laxe • Desde o Concello...

Publicacións Relacionadas