Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colabora no XIII Encontro Internacional de Poesía “Víctor Campio”

A Deputación colabora no XIII Encontro Internacional de Poesía “Víctor Campio”

- Anuncio -

Ourense acolle este fin de semana a XIII edición do Encontro Internacional de Poesía “Víctor Campio”, organizado un ano máis polo Circulo Poético Ourensán coa colaboración da Deputación.

O vicepresidente primeiro provincial, Rosendo Fernández, presentou no Marcos Valcárcel esta cita cultural acompañado polo presidente do Círculo Poético Ourensán, José Ramón Fernández Morgade; a secretaria do Círculo Poético Ourensán, María González; e os poetas mexicanos Irma del Ángel e Eduardo López.

Neste décimo terceiro encontro participarán os poetas Xavier Eduardo López, de San Luís Potosí – México; Fabio Dacosta, de Ourense; Irma Ruth del Ángel, de San Luís Potosí – México; Katia de Nacemento, de Brasil; e Sergio Acedo, de Portugal.

Programación do XIII Encontro Internacional

A programación do XIII Encontro Internacional de Poesía “Víctor Campio” arrancará o venres 2 de xuño ás 10,00 horas con visita dos poetas aos colexios ourensáns Josefinas, Mestre Vide e Cisneros. Pola tarde, ás 20,00 horas, celebrarase un concerto recital no centro comercial Ponte Vella.

O sábado, pola mañá a partir das 11,30 horas desenvolverase un roteiro poético polo casco histórico da cidade con saída do Parque San Lázaro. E xa pola tarde, ás 19,30 horas será lugar a Gala de Círculo Poético Ourensán no Liceo de Ourense. E o domingo 4 as 12,30 horas, celebrarase un recital poético no Pazo de San Damián. A entrada a todos os actos será libre e de balde.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

Óscar López e Asociación Cultural Auriense obteñen os primeiros premios do concurso dos maios...

0
Os galardóns ás mellores coplas foron para Auriense (persoas adultas) e a AFA do CEIP Saco e Arte (infantil), e o do maio infantil...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

A Deputación e o Concello de Sanxenxo analizan proxectos en marcha e novas actuacións...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e confirmou o compromiso da institución provincial para dar impulso...

Publicacións Relacionadas