Home Vigo O Porriño Lume, unha invitación a preguntarnos de onde nace a violencia

Lume, unha invitación a preguntarnos de onde nace a violencia

- Anuncio -

• José Luis Baños de Cos presentou onte no centro cultural a súa obra LUME, gañadora da quinta edición do Premio Roberto Vidal Bolaño 2022

O Centro Cultural Municipal acolleu onte a presentación de “Lume”, a obra de José Luis Baños de Cos que resultou gañadora do certame de textos de teatro xuvenil Roberto Vidal Bolaño na súa quinta edición.

Acompañando ao autor estiveron o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro, e a secretaria do xurado do premio, Raquel Castro, así como unha representación do equipo directivo do IES Ribeira do Louro, que xunto coa editorial e o Concello do Porriño impulsan este certame.

É a segunda vez que Baños se impón no Vidal Bolaño, pois xa no ano 2020 o fixo coa obra “A cámara escura”. Desta vez, o xurado decidiu por unanimidade outorgalle o premio por ser unha obra moi acaída pola temática e pola linguaxe empregada para a súa representación ou lectura nos centros de ensino secundario.

O autor mostrouse “moi contento de estar de novo no Porriño” e agradeceu “ao Concello do Porriño, á Editorial Galaxia e ao IES Ribeira do Louro que organicen este premio, que creo que é moi importante para o arraigo do teatro na xente nova. Por iso oxalá sexan moitas máis edicións” .

Sobre Lume destacou o valor social do texto, cuxa verdadeira protagonista é a violencia, cada máis presente na nosa sociedade, con múltiples formas, e en moitos casos, agochada tralo anonimato da masa grupal. “Hai temas que hai que tratar”, afirmou, sobre todo cando nos diriximos á mocidade e aproveitar “ferramentas como o teatro non só para facer arte senón tamén para educar”.

No mesmo sentido se manifestou Raquel Castro, que destacou que Lume está aliñado cos obxectivos deste premio, xa que un deles é achegar a actualidade social aos mozos e mozas e a violencia social está moi de actualidade, lamentablemente. Salientou tamén que “José Luis manexa con destreza a linguaxe que o une ao público ao que se dirixe”, como xa demostrou coa outra obra premiada “A cámara escura”.
Francisco Castro destacou unha vez máis a relevancia deste premio, único na dramaturxia xuvenil, que xa se consolidou como un referente e agradeceu o respaldo do Concello do Porriño e a iniciativa do IES Ribeira do Louro.

Por último o alcalde, Alejandro Lorenzo, lembrou a importancia de “obras como Lume que achegan o valor do respecto aos mozos e mozas a través do teatro e crean conciencia”. Lorenzo reiterou o apoio do Concello do Porriño a este certame, cuxa sexta edición se atopa en marcha xa.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas