Home Xunta de Galicia A Xunta publica unha guía para compatibilizar o desenvolvemento de parques industriais...

A Xunta publica unha guía para compatibilizar o desenvolvemento de parques industriais coa creación de espazos públicos respectuosos coa paisaxe

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez incide na importancia de compaxinar as infraestruturas necesarias para o desenvolvemento das actividades económicas coa creación de espazos integrados paisaxisticamente


— Esta guía foi elaborada polo Instituto de Estudos do Territorio coa colaboración do Instituto Galego da Vivenda e Solo e da Federación Galega de Áreas Empresariais

A Xunta de Galicia vén de publicar a Guía de boas prácticas para a integración paisaxística das áreas empresarias, que, segundo dixo hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ten como obxectivo ofrecer unha serie de pautas para compatibilizar o desenvolvemento de parques industriais coa creación de espazos públicos respectuosos coa paisaxe.

Durante a presentación desta guía no parque empresarial das Gándaras, en Lugo, Ángeles Vázquez incidiu na importancia de compaxinar as infraestruturas necesarias para o desenvolvemento das actividades económicas coa creación de espazos afables e integrados na paisaxe. Para acadar este obxectivo, este manual analiza os impactos paisaxísticos que se producen nas áreas industriais e, ademais, propón medidas e solucións para melloralos.

Deste xeito, tal e como explicou a conselleira, é fundamental ter en conta a repercusión destes espazos industriais no medio ambiente e abordar cuestións como, por exemplo, a mellora da calidade do aire ou a redución da demanda enerxética. A toma en consideración destes aspectos suporá, segundo incidiu Ángeles Vázquez, un “sinal de calidade e identidade para o propio parque empresarial”.

Máis polo miúdo, a guía presentada hoxe fai fincapé en aspectos como o deseño xeral do polígono industrial, a integración na contorna na que se localiza, a adaptación á topografía, o coidado da imaxe dos accesos, a creación de espazos de reunión como áreas de descanso, paseos peonís ou carrís bici ou a harmonización de materiais e cores. A maiores, tamén inclúe un capítulo dedicado á elaboración de proxectos de conservación para mellorar a integración paisaxística das áreas empresariais existentes e para prever o axeitado mantemento das novas.

Cómpre salientar que esta guía, que se inclúe na Colección Paisaxe Galega, foi elaborada polo Instituto de Estudos do Territorio (IET) coa colaboración do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e da Federación Galega de Áreas Empresariais.

Relacionadas

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desenvolve...

0
― Ao longo do 2024 se están a revisar todas as pautas de vacinación das persoas institucionalizadas, e, en concreto, as do pneumococo e...

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

A Xunta activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da 5ª Edición...

0
― A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración permitirá mobilizar 12 millóns de euros en compras nos establecementos de proximidade, a través...

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

Publicacións Relacionadas