Home Xunta de Galicia Turismo de Galicia recibe un total de 137 solicitudes para a orde...

Turismo de Galicia recibe un total de 137 solicitudes para a orde de axudas a establecementos turísticos para levar a cabo actuacións de embelecemeno nos concellos do litoral galego

- Anuncio -

 As axudas enmárcanse no Plan Litoral de Galicia que inclúe 3 Accións de Cohesión en Destino e 10 Plans de Sustentabilidade Turística impulsados por entidades locais, mancomunidades e Deputacións


 Esta liña da axudas conta cun orzamento de 2.075.000€ e divídese en dúas liñas de actuacións: tecnoloxías ambientais, cun orzamento de 1.125.000 € e mellora da fachada turística do litoral, cun orzamento de 950.000 €


 Para a primeira liña, solicitaron axudas 48 establecementos, dos cales 19 están na provincia da Coruña, 24 na de Pontevedra e 5 na de Lugo


 Para a segunda liña, solicitaronse 89 axudas, das cales 27 son de establecementos da provincia da Coruña, 51 de Pontevedra e 11 de Lugo

A Axencia de Turismo de Galicia recibiu un total de 137 solicitudes para as axudas a establecementos turísticos que estean situados en concellos do litoral galego para levar a cabo actuacións de embelecemento. Esta liña de axudas está enmarcada no Plan Litoral de Galicia e concretamente, conta con 2.075.000 euros

Esta liña de axudas está dirixida a ás persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración situados en municipios costeiros, que teñan autorizado ou clasificado o establecemento no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia. Poderán solicitar as axudas os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos; así como restaurantes, cafeterías e bares.

As axudas a establecementos turísticos divídense en dúas liñas de actuación subvencionables: tecnoloxías ambientais, cun orzamento de 1.125.000 € e mellora da fachada turística do litoral, cun orzamento de 950.000 €.

Para a primeira liña, solicitaron axudas 48 establecementos, dos cales 19 están na provincia da Coruña, 24 na de Pontevedra e 5 na de Lugo. Para a segunda liña solicitáronse 89 axudas, das cales 27 son de establecementos da provincia da Coruña, 51 de Pontevedra e 11 de Lugo.

O Plan Litoral de Galicia, aprobado no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola UE, NextGeneration, conta cunha dotación orzamentaria de 29,3 M€. O Plan conta con 3 Accións de Cohesión en Destinos (ACD), promovidas pola Xunta de Galicia por importe de 11,3 millóns de euros, e 10 Plans de Sustentabilidade Turística en Destino impulsados por entidades locais, mancomunidades e Deputacións por importe de 18 millóns de euros

Estas axudas enmárcanse na ACD: “Rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral galego”. Estas axudas teñen como obxectivo principal fomentar actuacións de rehabilitación de espazos singulares, promover accións que contribúan a unha maior integración coa paisaxe e respecto dos valores ambientais, a dixitalización de recursos con potencial turístico, así como a mellora da fachada turística e a corrección de impactos paisaxísticos en zonas costeiras. Distínguense dúas liñas de axuda, unha dirixida a concellos, cun importe de 4.475.000 euros, e esta dirixida a establecementos turísticos, cun importe de 2.075.000 euros.

Relacionadas

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

A Xunta oferta cursos de balde para que o alumnado se prepare para as...

0
— Os centros poden solicitar ata o 10 de xuño sumarse a este programa, que se realiza fóra do horario lectivo en catro niveis...

A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras...

0
Como novidade, trala publicación do Real Decreto 1177/2023, os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como é o Banco de Terras,...

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica...

0
― Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedr ― Estas tarefas forman parte do...

Publicacións Relacionadas