Home A Coruña Entrega de premios do I Concurso de BD de Humor “Demo Pequeno”

Entrega de premios do I Concurso de BD de Humor “Demo Pequeno”

- Anuncio -

Coincidindo coa conmemoración da semana dos museos en internet, tamén chamada Museum Week, o Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial entregan esta tarde en Fene os premios do I Concurso de BD de Humor “Demo Pequeno” que, nesta primeira edición, xirou en torno ao tema: “Galiza e a súa riqueza natural”. As obras presentadas ao certame e as gañadoras xa se poden ver na web museodohumor.fene.gal nunha exposición virtual. E no vindeiro mes de novembro, coincidindo co aniversario do museo, os debuxos gañadores formarán parte da exposición dos Premios Curuxa 2023.

A entrega de premios comezará ás 18.30 horas no Museo do Humor Xaquín Marín (Avda. De Conces, 20-22). Asistirán, xunto cos premiados/as e unha representación das dúas entidades organizadoras, o alcalde de Fene en funcións, Juventino Trigo, e o concelleiro de Cultura en funcións, Justo Ardá.

Na xuntanza celebrada o pasado 9 de maio, o xurado do I Concurso de BD de Humor “Demo Pequeno” acordou por maioría entregar os seguintes premios:
• 1º Premio, dotado con 200 euros e diploma, ao traballo presentado co título “Vistas galegas”, de Nerea Italia Couce, alumna do CPI San Sadurniño. O xurado valorou “a súa capacidade para empregar a linguaxe narrativa propia do cómic, o acerto no uso dos diálogos e o nivel técnico de acabado”.
• 2º Premio, dotado cun lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial e diploma, ao traballo presentado co título “A galiña”, de Salma García Castro, do IES Canido. O xurado valorou “a capacidade de síntese da autora o uso do humor a través do xogo de palabras e o uso da cor e da metalinguaxe do cómic” .
• 3º Premio, dotado cun lote de material artístico e diploma, ao traballo presentado co título “A ovella Rigoberta”, de Candela Salgado Calvo, do CPI San Sadurniño. O xurado valorou “o uso dun humor gamberro e desenfadado, o acertado uso dos planos en cada unha das viñetas da historia e unha boa rotulación”

Asemade, o xurado acordou nomear finalista, con diploma, ao traballo presentado por Iago González Pombo, do CEIP Canosa Rus de Coristanco, co título “Unha pataca no monte”.

Organizan: Museo do Humor Xaquín Marín (Concellería de Cultura do Concello de Fene) e Demo Editorial

Relacionadas

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Abegondo solicitará a reversión dun tramo do Camiño ao antigo trazado para mellorar a...

0
• O alcalde reuniuse hoxe cos veciños de Meangos e Cos polas obras na estrada provincial O Concello de Abegondo concretou hoxe cos veciños as...

Publicacións Relacionadas