Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán colabora co programa "Música nas parroquias" para as...

O concello de Nigrán colabora co programa “Música nas parroquias” para as festas patronais de Chandebrito

- Anuncio -

Aportará a financiación do Grupo América e a Banda de Música do Val Miñor

O Concello iniciou no 2020 este programa ante a non constitución de moitas comisións de festas, colaborando así coa contratación de grupos de música para que sigan celebrándose

O Concello de Nigrán ofrece por cuarto ano consecutivo o programa municipal ‘Música nas Parroquias’ para colaborar coas festas patronais do municipio, sendo este fin de semana as do Cristo da Victoria de Chandebrito. Neste caso o Concello achegará 4.000 € para a contratación do Grupo América e a Banda de Música do Val Miñor. O orzamento total deste programa é de 40.000 € a través da Liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e servirá para colaborar na celebración de todas as festas patronais do municipio, ben para contratar bandas de música ou orquestras.

Así, o sábado 10 de xuño ás 11:20 horas será o pasarrúas do grupo folclórico infantil ‘Nosa terra das pereiras’, ás 12:00 a Misa de San Antonio, ás 13:00 as puxas e xa pola noite, desde as 22:30 horas, actuará o Grupo Nevada e o Grupo América. Ao día seguinte, domingo 11, ás 11:00 será o pasarrúas da Banda de Música do Val Miñor, ás 12:00 a Misa Maior na honra do Cristo da Victoria e cantada pola coral ‘Os Vagalumes’ e ao seu remate se estreará o himno composto pola catedrática do Conservatorio Superior Mónica Balo González. De 11:00 a 15:00 será a festa das crianzas con inchables e touro mecánico.

O programa municipal ‘Música nas Parroquias’ iniciado en plena pandemia volverá a colaborar a continuación coas festas patronais de San Xoan de Panxón, San Pedro da Ramallosa, Santiago de Parada, Carme de Lourido, San Fiz de Nigrán (organizado integramente polo Concello), Virxe das Angustias, San Roque de Camos e, finalmente, Bo Xesús de Priegue.

Relacionadas

O PP propón rehabilitar a área recreativa da rúa dá Gándara

0
• Junco e Martínez piden “mellorar unha das zonas de paso máis transitadas polos peregrinos que saen de Pontevedra cara a Santiago polo Camiño...

O BNG alerta sobre a proposta do PP de construción dunha Plataforma loxística...

0
A portavoz de industria do PP no parlamento galego, Cristina Sanz,  defendeu na comisión parlamentaria celebrada o pasado 2 de maio  a construción dunha...

A Deputación analiza o estado de execución das obras de mellora da seguridade viaria...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, percorreu xunto ao alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e o concelleiro e tamén deputado provincial Javier Tourís,...

Luis López presenta investimentos por un millón de euros da Deputación en Caldas de...

0
O presidente provincial avanzou unha subvención de 400.000 euros para o saneamento de Soutelo ao abeiro do +Provincia, que se aprobará este venres en...

Maio establécese como o mes da rítmica no Pavillón da Raña e recibirá máis...

0
Despois da celebración do XI Torneo Club In Mare, aínda quedan pendentes dúas celebracións nun mes adicado a este deporte da man da súa...

Rafa Domínguez presenta a “Pontevedra 4Picos”, unha proba “de mellora e superación persoal, de...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar na presentación da “Pontevedra 4Picos”, unha proba non competitiva de BTT que converterá...

Publicacións Relacionadas