Home Pontevedra Poio O PP aposta polo equilibrio entre a protección medio ambiental e a...

O PP aposta polo equilibrio entre a protección medio ambiental e a actividade económica no litoral

- Anuncio -
  • Ana Pastor pon en valor o esforzo da Xunta co sector mar-industria e asegura que “Feijóo manterá no Goberno de España o mesmo compromiso”.
  • Sinalan que o obxectivo dos populares é impulsar unha economía competitiva en Galicia e en España baseada no talento, a innovación e o coñecemento.

A cabeza de lista do PP de Pontevedra ao Congreso, Ana Pastor, defendeu esta mañá a aposta do PP polo equilibrio entre a actividade económica no litoral e a protección medioambiental. Foi durante unha visita á conserveira Pescamar, en Poio, onde a candidata asegurou que o PP apoia de forma clara un dos sectores fundamentais da economía da provincia, e por iso aposta por medidas e iniciativas que contribúan a potenciar o sector-mar industria.

Así, puxo en valor o traballo que o Goberno galego fixo coa nova Lei do Litoral, e o esforzo co sector mar-industria, e asegurou que Feijóo manterá no Goberno de España ese mesmo compromiso para modificar a lexislación e dar maior seguridade xurídica, porque coñece cal é a realidade da costa, sabe da importancia deste sector para a economía e para os empregos, e por iso apoiará de xeito decidido un sector que só recibiu ataques durante os anos de sanchismo.

“Queremos potenciar este sector mar-industria e ofrecer seguridade xurídica. Somos respectuosos co medio ambiente, estamos coidando o noso litoral, e queremos facelo compatible con que empresas como Pescamar e outras tantas que viven do mar poidan ter seguridade xurídica para seguir coa súa actividade e continúen ofrecendo emprego e oportunidades”. Ademais, recordou que unha das primeiras medidas dos populares si gañan as eleccións o domingo, será baixar de xeito inmediato o IVE ás conservas “porque entendemos que es un sector clave para la economía, para la alimentación, pero sobre todo para aliviar o peto das familias, que se viu resentido pola suba de impostos e da inflación”.

Antes da visita a Pescamar, en Poio, Ana Pastor e a número 1 ao Senado, Pepa Pardo, visitaron as instalacións da nova nave de Setga en Ponte Caldelas. Alí defenderon que o PP aposta polo talento, a innovación e o coñecemento como base dunha economía competitiva para Galicia e para España. Pepa Pardo sinalou que “O PP aposta por mellorar a produtividade a través da innovación e, sobre todo, da incorporación do talento das persoas”. Así, explicou que, para que España volva a crecer dunha maneira sólida, é importante apoiar con normas e políticas públicas que melloren a produtividade e incentiven a innovación, así como un marco regulatorio que impulse a libre iniciativa e o desenvolvemento empresarial”.

Por iso, asegurou que o PP aposta por medidas que garanten a competencia coa

unidade do mercado. “Frearemos o exceso de regulación, aprobaremos cada ano

un decreto de simplificación administrativa e mellora da calidade regulatoria”. Ademais, explicou tamén que o programa dos populares inclúe unha estratexia nacional de reindustrialización, en colaboración coa Alianza pola Competitividade, para incrementar ata o 20% do PIB o peso da industria española.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas