Home Ourense O Ribeiro O Castelo de Ribadavia acolle esta noite a clausura das XXXVIII Xornadas...

O Castelo de Ribadavia acolle esta noite a clausura das XXXVIII Xornadas de Folclore coa actuación dos seis grupos participantes

- Anuncio -

Despois de dez días de percorrido pola provincia ourensá, enchendo de público os espazos de actuación, as Xornadas de Folclore pecharán esta edición do 2023 no Castelo de Ribadavia, onde as agrupacións folclóricas amosarán a tradición e a cultura dos seus países nun único pase cada unha

Música, cor, cantos e danzas que representan a seis culturas diferentes mesturaranse esta noite co patrimonio artístico único da vila ribadaviense, na última actuación das XXXVIII Xornadas de Folclore neste ano 2023. A cita será as 23, 00 horas no Auditorio do Castelo.

Durante dez días as seis agrupacións folclóricas participantes entusiasmaron ao público cos seus vistosos espectáculos. Bande, A Rúa, Celanova, O Barco, Manzaneda, O Carballiño, Trives, Allariz, Maceda, Viana do Bolo, Entrimo, Xinzo de Limia, Castro Caldelas, Verín e Ourense foron anfitrións perfectos para o folclore do mundo.

Esta XXXVIII edición das Xornadas, organizadas pola Deputación de Ourense a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, arrancó coa cerimonia inaugural no Teatro Principal e co triste suceso esa noite do falecemento na cidade do director do grupo sudafricano, George Ofilant.

Organización, espectadores e o resto de participantes neste evento amosaron a súa solidariedade coa agrupación folclórica Amezebra, que tomou a decisión de seguir nas Xornadas como homenaxe e lembranza ao director, coa celebración dun minuto de silencio antes das actuacións.

O grupo Bafopaz de Bolivia, o grupo tahitiano Hei Show Tahití “Ori”, os ecuatorianos de Tungurahua, os arxentinos de Bafolse, os sudafricanos de Amezebra e os compoñentes do grupo ucraíno Poltava foron este ano os responsables de invadir as rúas da provincia de historias recuperadas do folclore e da maxia do baile dende todo o mundo. As 180 persoas que conformaron o elenco artístico manifestaron a súa “gratitude” ao público ourensán “pola excelente acollida” e a organización “polo trato recibido e a atención continuada”.


Mañá, 17 de agosto: Partida

Partida dos grupos participantes nestas Xornadas de Folclore.

Relacionadas

Luis Menor e Lete Lasa revisan no Pazo Provincial proxectos en infraestruturas deportivas

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron hoxe unha xuntanza no...

Máis de 700 escolares celebraron o Día das Letras Galegas na Praza Maior, nun...

0
Alumnado dos colexios da cidade rendeulle homenaxe ás letras e á poeta homenaxeada, a través de cancións, bailes, poesías e manifestos Máis de 700 escolares...

O Partido Popular de Ourense conmemora o Día das Letras Galegas poñendo en valor...

0
O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán...

A Xunta de Goberno Local aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no...

A XV BTT de Maceda – Copa Deputación reunirá ao redor de 250 participantes

0
O asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, participou hoxe en Maceda, na presentación da XV BTT de Maceda – Copa Deputación que se...

O escultor ourensán Xosé Cid presenta o catálogo “Silencio e materia” que recompila os...

0
O director da Área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez, participou hoxe na presentación deste catálogo no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde...

Publicacións Relacionadas