Home O Salnés Meaño O BNG de Meaño sinala a precariedade na que se atopan o...

O BNG de Meaño sinala a precariedade na que se atopan o comerdor escolar e Escola Infantil Municipal

- Anuncio -
  • O COMEDOR ESCOLAR DO CEIP-COIRÓN DENA, cunha baixa sen cubrir.
  • A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL, co servizo de tarde pechado.

No Pleno celebrado no día de onte (28/09/23) O BNG tratou a problemática do comedor e a escola infantil mediante a presentación dunha moción de urxencia, a cal foi rexeitada pola alcaldía.

O alcalde desestima a moción do BNG de chegar a un acordo para resolver o problema de persoal e poder restablecer así o servizo de tarde da Escola Infantil Municipal e dar un servizo decente no comedor do CEIP Coirón-Dena. Xustifica a non aceptación da moción dicindo que isto non é motivo de moción, cando el remataba de presentar unha que tiña exactamente a mesma finalidade, procedendo de xeito incoherente.

A moción de urxencia do grupo de goberno fai referencia á Escola Infantil Municipal e foi presentada sen achegar ningunha copia da mesma aos concelleiros/as da oposición e a falta de información facilitada aos membros da oposición foi xustificada dicindo, falsamente, que a problemática xurdiu 48 horas antes. O pasado venres día 22 de setembro xa existía, pois o Goberno Municipal comunicou ás familias o peche do servizo, e por tanto, xa podería ter informado deste tema na comisión informativa celebrada ese mesmo día.

Ademais, a moción do BNG trata unha problemática a maiores que a que presenta o seu grupo: a da non substitución dunha das empregadas do comedor escolar, empeorando o servizo e atallándoo con prácticas fóra da legalidade, como é que os pais e nais dos nenos tiveran que botar unha man para poder manter este servizo.

Nos dous casos, o salientable é o mesmo: a precariedade nos servizos públicos por falta de persoal.

Por todo isto, a moción do BNG debería ser aceptada, a Alcaldía debería recoñecer os erros, e votar a favor.

  • A ESCOLA DE MÚSICA MUNIPAL, que ve atrasado o inicio do curso 15 días.

No presente curso escolar a Escola de Música Municipal de Meaño (referente en toda a comarca) comezará o curso na terceira semana de outubro, cando dende sempre o fixo a principios de mes.

Unha vez preguntada á Alcaldía no Pleno celebrado no día de onte (28/09/23) coñécese que o motivo é que as prazas de estabilización non foron aínda debidamente publicadas debido á falta de tempo do persoal administrativo do concello, pois, segundo indican, a cantidade de traballo que asumen os ten desbordados.

O BNG considera que esta situación supón un perxuízo tanto ao alumnado coma ás familias (xa que as demais actividades extraescolares xa comezaron) e tamén ao profesorado da escola (que ve retrasado o inicio da súa contratación 15 días).

Relacionadas

A Deputación investirá preto de 400.000 euros na mellora da pavimentación e o acceso...

0
O Concello de Rodeiro tamén recibirá una illa ecolóxica de reciclaxe enmarcada no programa “Da túa man (rural)” financiado con fondos europeos A Deputación de...

Orgullo Pontevedra 2024, unha semana chea de actividades para reivindicar os dereitos LGBTIQA+

0
Comezarán o día 19 de xuño coa colocación da faixa multicolor no balcón da Casa Consistorial, e  continuarán dende o 23 ao 29 de...

O Concello ratifica que se manteñen as prazas para aparcar en toda a beirarrúa...

0
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, entende “a confusión da cidadanía pola nova anchura da beirarrúa, pero nese lado non se suprimen as prazas,...

Celébrase a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho

0
Este xuño, Marín celebra a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho, querendo achegar aos padais dos máis apaixonados da gastronomía a través...

Luis López reforzará a cooperación entre a Deputación e Xunta nun encontro institucional co...

0
O presidente provincial recorda colaboracións como as de Santa Clara ou o Cine Fraga de Vigo para remarcar a “sintonía” e “compromiso” polo progreso...

Luis López sinala a obra da Praza de Barcelos como exemplo do impulso da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a importancia da colaboración co Concello para sacar adiante proxectos estratéxicos durante unha visita á...

Publicacións Relacionadas