Home Deza Agolada O deputado provincial Jorge Cubela recibe na Finca Areeiro ao alumnado do...

O deputado provincial Jorge Cubela recibe na Finca Areeiro ao alumnado do obradoiro de emprego “Freixo II” impulsado por Dozón, Rodeiro e Agolada

- Anuncio -

A visita enmárcase nas propostas gratuítas que oferta a Finca para centros educativos, asociacións e agrupacións de ata 25 persoas. Teñen lugar todos os martes e xoves non festivos e dous sábados ao mes en horario de 10 a 12 h e poden solicitarse na web de Areeiro

O deputado provincial de Mocidade e Desenvolvemento Rural, Jorge Cubela, acaba de recibir nas instalacións da Estación Fitopatolóxica Areeiro de Pontevedra ao alumnado do Obradoiro de Emprego “Freixo II” que impulsan conxuntamente os concellos de Dozón, Rodeiro e Agolada para formar a 20 persoas desempregadas. Na recepción ao grupo, o deputado provincial subliñou o carácter “punteiro” e “de excelencia” deste centro que a Deputación “pon a disposición de todas as persoas que traballan nos sectores agrícola e forestal da nosa provincia, axudándoas a recoñecer as pragas e enfermidades dos cultivos e asesorándoas sobre as medidas a seguir para combatelas”.

A visita do alumnado de “Freixo II” enmárcase nas propostas gratuítas que oferta a Deputación de Pontevedra na Finca Areeiro para centros educativos, asociacións e agrupacións de ata 25 persoas. Trátanse de visitas guiadas didácticas e formativas, que poden formalizarse a través da web de Areeiro, teñen unha duración de 2 horas e desenvólvense todos os martes e xoves non festivos e dous sábados ao mes, en horario de 10 a 12 horas.

Nas visitas á Finca da Estación Fitpolatolóxica Areeiro (EFA) dúas guías especializadas do recinto son as encargadas de dar a coñecer o traballo que este centro da Deputación desenvolve, así como o patrimonio que forman os seus xardíns. Deste xeito, as persoas visitantes poderán realizar un percorrido polo predio no que se explicará a historia da EFA, que é a fitopatoloxía, a súa importancia e repercusión na produción de alimentos; datos sobre a camelia e as camelias figo; o insectario e o viveiro de forestais; a loita contra as pragas; a plantación de kiwi; a plantación de té; os diferentes usos da camelia; a feixoa; os froitos sectos e os fentos arbóreos.

As visitas ás instalacións de Areeiro rematan cunha cata de produtos obtidos no predio que varía en función da época do ano. Así, a degustación pode abranguer dende froitas de tempada ata té cultivado directamente nas instalacións da Estación Fitopatolóxica en Pontevedra.

Relacionadas

O BNG pide inspeccións e unha ordenanza que regule o avance descontrolado dos pisos...

0
A fronte nacionalista esixe que o Goberno local actúe dunha vez para frear esta “ameaza ultraespeculativa”, un dos principais obstáculos para acceder a unha...

A Deputación abre a partir deste mércores o período voluntario de pago de taxas...

0
O ORAL encargarase da xestión e recadación dun total de 60 conceptos de taxas de 30 concellos da provincia, que se poderán pagar en...

A Deputación converte a creación contemporánea e a reivindicación de figuras e iniciativas culturais...

0
Rafa Domínguez: “A programación está marcada pola recuperación da Bienal, un acontecemento moi importante desde o punto de vista artístico, cultural e turístico” Xunto á...

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Moraña e A Lama para dar a coñecer as...

Charla informativa sobre acollemento familiar no Centro Cultural Municipal do Porriño

0
• Será este xoves, 6 de febreiro, ás 18.00 horas Estás pensando en acoller pero non tes claro como facelo? Non sabes en que consiste...

A corporación municipal aproba por unanimidade instar á Xunta de Galicia a convocar a...

0
• Tamén saíron adiante outras mocións relativas ao cauce do río Bispo, a construción dun módulo para embarcacións de remo e outra da celebración...

Publicacións Relacionadas