Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación mobiliza 1,4 millóns de euros par transformar estradas provinciais ao...

A Deputación mobiliza 1,4 millóns de euros par transformar estradas provinciais ao seu paso por Ribadumia, Pazos de Borbén e Ponteareas

- Anuncio -

A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de urbanización da Rúa da Condesa en Barrantes, no treito inicial da EP-9506, e adxudicou as obras de mellora da seguridade na EP-2703 que permitirán a reposición do firme en 11 quilómetros desta estrada entre Pazos e Ponteareas

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de mobilizar un investimento de 1,4 millóns de euros para transformar dúas estradas provinciais que transcorren polos concellos de Ribadumia, Pazos de Borbén e Ponteareas. Trátase, como subliñou o presidente provincial, Luis López, de actuacións para dotar a estes viarios “dunha maior seguridade viaria e para construír espazos máis centrados nas persoas, máis funcionais e con mellores prestacións”.

No caso de Ribadumia, a institución provincial aprobou o proxecto para a urbanización da Rúa Condesa en Barrantes, Ribadumia, pola que transcorre o treito inicial da EP-9506 e na que se van investir máis de 700.000 €. A actuación será financiada a través dun convenio, xa asinado, a través do cal a Deputación aporta o 70% (preto de 500.000 €) e o Concello o 30% restante (200.000€). Intervirase nun treito de 305 metros para urbanizar a Rúa Condesa e mellorar así as condicións de seguridade e mobilidade deste viario en pleno centro urbano, nunha zona na que están situados tamén equipamentos educativos e deportivos.

Por outra banda, a Xunta de Goberno adxudicou as obras de mellora de seguridade viaria da EP-2703 Pazos-Ponteareas por un orzamento de máis de 712.937€. Os traballos, que abranguen a reposición do firme nun treito de 11,3 quilómetros dos 14,8 da estrada que transcorre por ambos concellos, teñen un prazo de execución de seis meses e serán financiados ao 100% pola institución provincial.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas