Home Pontevedra Caldas O Ciclo de Teatro da Deputación chega este sábado 28 a Pontecesures...

O Ciclo de Teatro da Deputación chega este sábado 28 a Pontecesures coa función “Abracadaver”, protagonizada por Dani Blanco

- Anuncio -

A Sala de Cultura acollerá a representación, que se enmarca no ciclo provincial “Tornar ás Táboas”, ás 18:30 horas

A Sala de Cultura de Pontecesures será escenario este próximo sábado 28 de outubro da función “Abracadaver”, un espectáculo de Dani Blanco que chega no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A representación dará comezo ás 18:30 horas e a entrada será libre ata completar aforo.

“Abracadaver” é un espectáculo de circo “terrorificamente divertido” dirixido ao público infantil e familiar. A través de Rogelio, un personaxe de ficción ao que dá vida o actor Dani Blanco, a proposta está chea de sustos e humor, e caben clown, malabares, escapismo, música… Todo á disposición dun actor preparado para levar a cabo o seu Abracadaver.

Co ciclo teatral “Tornar ás Táboas” a Deputación de Pontevedra vai achegar entre este mes de outubro e decembro un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, coa participación de trinta compañías galegas que ofrecerán unha ampla variedade de espectáculos.

Relacionadas

A Deputación investirá preto de 400.000 euros na mellora da pavimentación e o acceso...

0
O Concello de Rodeiro tamén recibirá una illa ecolóxica de reciclaxe enmarcada no programa “Da túa man (rural)” financiado con fondos europeos A Deputación de...

Orgullo Pontevedra 2024, unha semana chea de actividades para reivindicar os dereitos LGBTIQA+

0
Comezarán o día 19 de xuño coa colocación da faixa multicolor no balcón da Casa Consistorial, e  continuarán dende o 23 ao 29 de...

O Concello ratifica que se manteñen as prazas para aparcar en toda a beirarrúa...

0
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, entende “a confusión da cidadanía pola nova anchura da beirarrúa, pero nese lado non se suprimen as prazas,...

Celébrase a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho

0
Este xuño, Marín celebra a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho, querendo achegar aos padais dos máis apaixonados da gastronomía a través...

Luis López reforzará a cooperación entre a Deputación e Xunta nun encontro institucional co...

0
O presidente provincial recorda colaboracións como as de Santa Clara ou o Cine Fraga de Vigo para remarcar a “sintonía” e “compromiso” polo progreso...

Luis López sinala a obra da Praza de Barcelos como exemplo do impulso da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a importancia da colaboración co Concello para sacar adiante proxectos estratéxicos durante unha visita á...

Publicacións Relacionadas