Home Pontevedra Caldas Luis López expresa o apoio da Deputación para mellorar a contorna da...

Luis López expresa o apoio da Deputación para mellorar a contorna da estación de Pontecesures nunha obra valorada en medio millón de euros

- Anuncio -

O presidente do organismo provincial asinou este mércores o convenio de colaboración coa rexedora María Teresa Tocino nunha visita institucional ao Concello

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; e a alcaldesa de Pontecesures, María Teresa Tocino, asinaron este mércores un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con 347.741 euros, o 75 % do orzamento, as obras de acondicionamento da contorna da estación de ferrocarril de Pontecesures. O Concello, pola súa banda, achegará o 25 % restante (118.527 euros).

A obra, que conta cun importe total de 466.200 euros, consiste nunha mellora integral das rúas Estación, Rosalía de Castro e Castelao para mellorar a súa calidade urbana dotándoas dunha plataforma única con prioridade para a mobilidade peonil, ampliación de beiravías e creación de prazas públicas con mobiliario urbano e zonas verdes, así como a reestruturación das zonas de aparcamento e a aplicación de medidas para o calmado de tráfico. “É un pracer asinar este convenio co Concello de Pontecesures en base ao cal executaremos unha importante mellora na contorna da Estación”, sinalou o presidente Luis López, despois de asinar o acordo.

Segundo recolle o convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre Deputación e Concello de Tui realízase coa modificación das bases do programa PON2030 xa en vigor. Unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo goberno provincial se vexa reducido.

O mandatario provincial amosou a súa satisfacción pola posta en marcha dunha obra que recolle o espírito “municipalista” do goberno provincial. Un municipalismo que rexe non só a acción do executivo da provincia, marca tamén o Orzamento do próximo ano, que presenta as contas máis altas da historia da Deputación. Dos 189,2 millóns de euros orzamentados, “un de cada tres euros destinaranse a Cooperación directa cos concellos”, subliñou López facendo referencia a programas como o +Provincia, o maior plan de obras e servizos posto nunca en marcha polo goberno provincial, ou o apoio aos municipios a través de plans extraordinarios como o posto en marcha para mellorar as infraestruturas deportivas dotado con 4 millóns de euros.

“En concellos como o de Pontecesures sabemos que o papel que xoga a Deputación é clave para construír Pontecesures, pero tamén para construír unha provincia que vaia a máis”, rematou o presidente da Deputación.

Relacionadas

A Deputación investirá preto de 400.000 euros na mellora da pavimentación e o acceso...

0
O Concello de Rodeiro tamén recibirá una illa ecolóxica de reciclaxe enmarcada no programa “Da túa man (rural)” financiado con fondos europeos A Deputación de...

Orgullo Pontevedra 2024, unha semana chea de actividades para reivindicar os dereitos LGBTIQA+

0
Comezarán o día 19 de xuño coa colocación da faixa multicolor no balcón da Casa Consistorial, e  continuarán dende o 23 ao 29 de...

O Concello ratifica que se manteñen as prazas para aparcar en toda a beirarrúa...

0
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, entende “a confusión da cidadanía pola nova anchura da beirarrúa, pero nese lado non se suprimen as prazas,...

Celébrase a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho

0
Este xuño, Marín celebra a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho, querendo achegar aos padais dos máis apaixonados da gastronomía a través...

Luis López reforzará a cooperación entre a Deputación e Xunta nun encontro institucional co...

0
O presidente provincial recorda colaboracións como as de Santa Clara ou o Cine Fraga de Vigo para remarcar a “sintonía” e “compromiso” polo progreso...

Luis López sinala a obra da Praza de Barcelos como exemplo do impulso da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a importancia da colaboración co Concello para sacar adiante proxectos estratéxicos durante unha visita á...

Publicacións Relacionadas