Home Pontevedra Barro Luis López reafirma o compromiso da Deputación co emprendemento coa benvida a...

Luis López reafirma o compromiso da Deputación co emprendemento coa benvida a seis novos proxectos no viveiro de Barro

- Anuncio -

O presidente provincial asinou este mércores o contrato cos beneficiarios para a cesión destes espazos co obxectivo de facilitar a posta en marcha dos seus negocios

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asinou este mércores o contrato de cesión de seis espazos do viveiro de empresas que a Deputación de Pontevedra ten no polígono de Barro a outros tantos emprendedores que iniciarán a súa actividade empresarial neste espazo. Trátase de seis novos proxectos empresariais que desfrutarán ao longo dun ano, con posibilidade de ampliar a súa estancia dous anos máis, dos servizos e vantaxes que a Deputación pon a disposición dos cesionarios neste espazo para facilitar a posta en marcha do seu negocio. “Teño que dicirvos tres palabras. Parabéns, por ser merecedores dun local; ánimo, para sacar adiante o voso proxecto; e grazas, por decidir investir na nosa provincia. Sodes valentes e comprometidos, con emprendedores como vós a nosa provincia vai a máis”, díxolles o mandatario provincial para dárllela benvida aos novos ocupantes do viveiro.

Inician a súa actividade neste espazo da Deputación de Pontevedra seis proxectos empresariais variados. Jose Alfonso González porá en marcha Tecnobelts, unha empresa do sector do transporte e a enxeñaría de procesos; Fidel Abalo lanza Splainn Travel, unha axencia de viaxes en liña; mesmo negocio que ten Nuria Búa entre mans; Carmencitas, de Rubén Mascato é unha empesa de repostería e eventos; mentres que Xesús Graña ten un proxecto de produción e transformación de produtos apícolas e micolóxicos; e Jacobo López, que non puido asistir ao acto, emprende cun comercio dedicado á venda de carne ao por maior.

Nestas instalacións, os cesionarios desfrutarán do acompañamento de profesionais que lles serán de gran axuda para resolver os desafíos que deben afrontar as empresas na súa primeira etapa. Neste sentido recibirán asesoramento e terán a posibilidade de beneficiarse dos cursos de formación que oferta a Deputación a través do programa Smart Peme, servizo ubicado neste polígono. Ademais, os cesionarios teñen a súa disposición un espazo para desenvolver a súa actividade cun alugueiro reducido durante o primeiro ano (153 €/mes), bonificación que se reduce ao 25 % no segundo ano e que desaparece no terceiro. Ademais, o viveiro conta con zonas de coworking e servizos de mantemento, limpeza, seguridade e obras a disposición dos usuarios.

O presidente Luis López destacou o compromiso da Deputación no apoio e acompañamento ao tecido emprendedor da provincia. “Apoiar aos emprendedores da nosa provincia é investir en futuro”, asegurou o dirixente. Neste sentido, o orzamento dedicado aos viveiros de empresas ascenderá no 2024 ata os 330.000 euros. Ademais, os empresarios da provincia teñen á súa disposición actividades de formación e asesoramento incluídos no programa Smart Peme, como as recentemente aprobados programa de Crecemento Empresarial, para dar cabida a oito novos proxectos no polígono Lalín 2000; ou a sexta edición da aceleradora de empresas do sector turístico. “Medidas concretas que se completan con apostas transversais incluídas no Orzamento que deixan clara a aposta do goberno provincial para estar ao carón dos emprendedores, das empresas e dos concellos”, afirmou Luis López.

Na actualidade, o viveiro de empresas do polígono de Barro conta con 16 naves e 19 oficinas ocupadas, que dan cabida a un total de 24 proxectos de recente creación. Polo momento, aínda hai cinco espazos sen ocupar. Ao longo dos seus dez anos de actividade, do viveiro de empresas de Barro saíron un total de 77 proxectos empresariais.

Relacionadas

A Deputación investirá preto de 400.000 euros na mellora da pavimentación e o acceso...

0
O Concello de Rodeiro tamén recibirá una illa ecolóxica de reciclaxe enmarcada no programa “Da túa man (rural)” financiado con fondos europeos A Deputación de...

Orgullo Pontevedra 2024, unha semana chea de actividades para reivindicar os dereitos LGBTIQA+

0
Comezarán o día 19 de xuño coa colocación da faixa multicolor no balcón da Casa Consistorial, e  continuarán dende o 23 ao 29 de...

O Concello ratifica que se manteñen as prazas para aparcar en toda a beirarrúa...

0
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, entende “a confusión da cidadanía pola nova anchura da beirarrúa, pero nese lado non se suprimen as prazas,...

Celébrase a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho

0
Este xuño, Marín celebra a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho, querendo achegar aos padais dos máis apaixonados da gastronomía a través...

Luis López reforzará a cooperación entre a Deputación e Xunta nun encontro institucional co...

0
O presidente provincial recorda colaboracións como as de Santa Clara ou o Cine Fraga de Vigo para remarcar a “sintonía” e “compromiso” polo progreso...

Luis López sinala a obra da Praza de Barcelos como exemplo do impulso da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a importancia da colaboración co Concello para sacar adiante proxectos estratéxicos durante unha visita á...

Publicacións Relacionadas