Home Pontevedra Deza Un ano despois Vila de Cruces segue a esperar polas promesas de...

Un ano despois Vila de Cruces segue a esperar polas promesas de Ethel

- Anuncio -

Hoxe, ao conmemorar un ano dende a crucial reunión de traballo entre o alcalde Luis Taboada e a Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, atopámonos na lamentable posición de recordar con frustración que ningunha das solicitudes presentadas foi atendida.

Naquela reunión do 30 de novembro de 2022, o alcalde Luis Taboada expresou con firmeza a necesidade imperante de construír sendeiros peonís para garantir a circulación dos peóns que agora teñen que ocupar a zona de rodaxe dos vehículos, o que entraña un risco considerable nas parroquias como Piloño xunto a panadería de Remigio e o Restaurante “o Pazo”, Carbia no lugar da Pena cara a farmacia e en Abialla dirección farmacia, tamén pediu unha senda para Sabrexo, demandas que, ao día de hoxe, seguen sen resposta algunha.

Nesta data significativa, o alcalde Taboada reitera a súa preocupación e declara: “Hai un ano plantexamos con urxencia a mellora das infraestruturas que tanto necesita Vila de Cruces, coma sempre o rural segue abandonado.
Como tamén se comprometeu o asfaltado da estrada Cruces – Merza e a día de hoxe nada de nada como se pode comprobar.

Os veciños e veciñas seguen agardando respostas concretas e accións efectivas que aborden as problemáticas plantexadas. A falta de avances na construción de sendeiros peonís e o estado deteriorado das nosas estradas son cuestións que afectan directamente a seguridade e calidade de vida dos nosos cidadáns.

A Xunta de Galicia responsable de estes viaís non pode voltear a cabeza para outro lado e non atender estas peticións, facendo Taboada responsable directa a conselleira Ethel por si sucede unha desgracia ante a inseguridade dos peóns e os perigos das estradas por falta de mantemento.
Luis Taboada insiste na importancia de cumprir cos compromisos adquiridos: “Hoxe, máis que nunca, insto ás autoridades competentes a honrar o prometido. Os cidadáns de Vila de Cruces merecen infraestruturas seguras e ben coidadas. Non podemos permitir que outra data pase sen que se tomen medidas concretas”.

Este recordatorio non só busca subliñar as necesidades non resoltas do concello, senón tamén facer un chamamento urxente á acción. Os cidadáns de Vila de Cruces merecen un entorno máis seguro e próspero, sobre todo os nosos maiores que son os que corren máis riscos e é responsabilidade das autoridades locais e rexionais garantilo.

Relacionadas

A Deputación investirá preto de 400.000 euros na mellora da pavimentación e o acceso...

0
O Concello de Rodeiro tamén recibirá una illa ecolóxica de reciclaxe enmarcada no programa “Da túa man (rural)” financiado con fondos europeos A Deputación de...

Orgullo Pontevedra 2024, unha semana chea de actividades para reivindicar os dereitos LGBTIQA+

0
Comezarán o día 19 de xuño coa colocación da faixa multicolor no balcón da Casa Consistorial, e  continuarán dende o 23 ao 29 de...

O Concello ratifica que se manteñen as prazas para aparcar en toda a beirarrúa...

0
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, entende “a confusión da cidadanía pola nova anchura da beirarrúa, pero nese lado non se suprimen as prazas,...

Celébrase a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho

0
Este xuño, Marín celebra a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho, querendo achegar aos padais dos máis apaixonados da gastronomía a través...

Luis López reforzará a cooperación entre a Deputación e Xunta nun encontro institucional co...

0
O presidente provincial recorda colaboracións como as de Santa Clara ou o Cine Fraga de Vigo para remarcar a “sintonía” e “compromiso” polo progreso...

Luis López sinala a obra da Praza de Barcelos como exemplo do impulso da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a importancia da colaboración co Concello para sacar adiante proxectos estratéxicos durante unha visita á...

Publicacións Relacionadas