Home A Coruña Hoxe entran en vigor os orzamentos de Galicia para este ano 2024

Hoxe entran en vigor os orzamentos de Galicia para este ano 2024

- Anuncio -

As contas deste ano inclúen 13.257 millóns de euros

Hoxe entran en vigor os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para este ano 2024 que ascenden a 13.257M€.

Os presupostos inclúen 9.774 millóns de euros para gasto social e fomento do emprego e máis de 2.800 millóns para investimentos. En materia de política fiscal, consolidan as rebaixas fiscais existentes e inclúen novos incentivos fiscais.

Neste marco, na declaración do IRPF do ano 2023 que se realiza no 2024, as familias con dous fillos poderán deducir 250€, dedución que ata agora tiñan as familias numerosas de categoría xeral. De forma paralela, as familias numerosas terán duplicada esta cantidade, e pasarán a deducirse 500€. Tamén se incrementa esta dedución noutros 250 euros por cada fillo a maiores.

Ademais, hoxe tamén entran en vigor as baixadas no Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP): a rebaixa do tipo xeral para a compra de bens inmobles usados (que pasa do 9% ao 8%); a baixada do ITP para a compra de vehículos usados (do 8 ao 3%); a baixada para a adquisición de inmobles que vaian ser obxecto de inmediata rehabilitación e que teñan ao rematar o uso de vivenda; e a eliminación do imposto para as compras de vehículos cualificados de ‘baixas emisións’ e vehículos de mobilidade persoal.

Relacionadas

A Xunta dá a coñecer a riqueza ambiental dos parques naturais galegos mediante conexiónS...

0
Ángeles Vázquez reitera a aposta da Xunta por concienciar á poboación sobre a importancia de protexer e conservar os espazos naturais ao ser fundamentais...

A Xunta de Galicia avanza na tramitación do Plan de xestión da Serra de...

0
O proxecto de decreto, sometido a consideración do Cogamads, busca identificar os valores a protexer, os posibles riscos, as normas de aproveitamento do solo...

A Xunta actualiza o Plan de Protección Civil de Salvamento nas Praias de Galicia...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu hoxe a reunión do comité asesor do SapragaO Plan estará vixente do 1 de...

A Xunta financia con 1,5m€ a contratación de socorristas para garantir a seguridade en...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de axudas para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos...

Inés Rey destaca o traballo das máis de 350 nenas e nenos que expuxeron...

0
Durante esta tarde de venres as persoas participantes nesta edición amosáronlle á cidadanía na praza de María Pita os seus proxectos A alcaldesa, Inés Rey,...

Paderne celebra a súa memoria viva con máis de 200 maiores

0
 O goberno local homenaxeou á veciñanza máis veterana do municipio na Festa dos Maiores, un día con misa, un pleno simbólico e comida...

Publicacións Relacionadas